A Deputación financia o 100% da compra dos terreos para o acondionamento dunha zona verde detrás da Ludoteca Municipal
O Concello de Ponte Caldelas acondicionará unha zona verde na parte traseira da Ludoteca Municipal. O proxecto porá levarse a cabo trala adquisición dos terreos particulares a través dunha expropiación de mutuo acordo cos titulares das parcelas.
A operación realízase a través da Liña 1 do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, que financiará o 100% do custo dos terreos, cuxa cantidade ascende a 40.001,18 euros.
A zona está constituída por catro parcelas de titularidade privada, que se convertirán nunha ampla zona verde que terá acceso dende a Praza Praceres Castellanos Pan e que darán servizo ós usuarios da escola infantil, do colexio público e dos edificios residenciais existentes na zona, así como a todo o comercio do entrono.
Ponte Caldelas, cada vez máis fermosa
O Concello de Ponte Caldelas vén de instalar novo mobiliario urbano, financiado pola Deputación de Pontevedra, en varios puntos da vila, para seguir embelencendo e mellorando a calidade de vida dos veciños. Co obxectivo de seguir mellorando a vila o Concello de Ponte Caldelas vén de instalar tres bancos con iluminación LED e cargador de USB, varias xardineiras e 11 papeleiras.
Os bancos de madeira ubicáronse na Praza do Bispo, sustituindo ós antigos, e están tratatos contra a humidade, contan con respaldo e miden 3,5 metros de largo. Incorporan dúas tomas USB para recarga de dispositivos móbiles e a parte inferior do banco está retroiluminada con LED.
As papeleiras son fabricadas en aceiro zincado, contan con tapa superior e tapa frontal e dispoñen de cinceiro desmontable. Están ubicadas na Avenida de Pontevedra, Praza do Bispo e Rúa Augusto González Besada. Pola súa banda, as xardineiras están realizadas en aceiro galvanizado e posterior tratamento en zinc e lacado e repártense entre a Praza do Bispo, Rúa da Ponte e Praza de España - Avenida de Vigo.
Ponte Caldelas pon en valor as Casas Indianas
- Crea unha ruta polas cinco vivendas con especial protección no casco urbán a través dun proxecto financiado pola Deputación de Pontevedra
- Nesta primeira fase do proxecto colocáronse dous atriles e tres placas informativas nas que se fai unha descripción arquitectónica sobre as mesmas que pode lerse en tres idiomas a través dun código qr
Ponte Caldelas, 16 de xuño de 2021. O Concello de Ponte Caldelas segue traballando en prol da recuperación da historia da vila e nesta ocasión faino coa posta en valor das Casas Indianas a través dun proxecto financiado con cargo á 'Subvención para a rehabilitación e sinalizaición do patrimonio histórico e cultural do ano 2020' da Deputación de Pontevedra. Na primeira fase do proxecto, sinalizáronse cinco vivendas con especial protección: a Casa de Clotilde Fernández; a Casa de Dolores Méndez; Casa de Carmen Couto Cal; Casa da Rúa López Boullosa; e a Casa de Manuel Rodríguez. Todas son de estilo arquitectónico indiano e foron sinalizadas cuns paneis de aceiro inoxidable e recubrimento vinílico con deseño exclusivo nas que se fai unha descripción arquitectónica e estilística da vivenda que, a través dun código qr, se pode ler en tres idiomas diferentes.
Todos os paneis conteñen unha ilustración de cada unha das vivendas e unha referencia literaria sobre a arquitectura indiana que tan representativa é no concello de Ponte Caldelas. Esta é a primeira fase deste proxecto de sinalización e valorización das casas indianas e está previsto que o vindeiro ano se continúe visibilizando este tipo de arquitectura a través das Casas Indianas, seguindo coas do casco urbán e do rural, sendo Ponte Caldelas un dos concellos máis representativos de Galicia nesta arquitectura tan espectacular.
O proxecto foi levado a cabo polo arqueólogo Alberte Reboreda, que destaca a boa conservación destas vivendas singulares e a importancia do concello de Ponte Caldelas en canto a arquitectura indiana se refire. O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, explica que esta é a primeira fase dun proxecto que quere “dar a coñecer a importancia do patrimonio arquitectónico que temos en Ponte Caldelas, onde as Casas Indianas son un símbolo tanto no casco urbán como no rural”.