O Concello de Ponte Caldelas convoca o primeiro concurso de Portas de Nadal en Ponte Caldelas 

BASES:

1.- PARTICIPANTES: Poderán participar as portas de vivendas existentes no termo municipal de Ponte Caldelas. Os/as solicitantes deberán de figurar como alta no Padrón Municipal de Habitantes.

2.- PRAZO DE EXPOSICIÓN: O prazo de exposición das portas participantes será o comprendido entre o 24/12/2022 e o 06/01/2023.

3.- PRAZO E FORMA DE SOLICITUDE: O prazo de envío das fotografías das portas participantes rematará o 30/12/2022, ás 14.00 horas. Para participar deberán de enviar a fotografía ó email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. . Deberá de vir acompañada dos datos do/a participante (nome, apelidos, DNI, domicilio no concello, teléfono). Unha vez recibida a fotografía e comprobados os datos seralle enviado un correo de confirmación de participación no Concurso.

4.- TEMA: O tema para desenvolver será alegórico ao Nadal. Descartaranse aquelas imaxes que resulten ofensivas, abusivas.. ou que teñan contido publicitario. 

5.- PREMIOS: establécense os seguintes premios:

          1º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 250 €

          2º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 200 €

          3º premio: Cesta de produtos gourmet por valor de 150 €

6.- SISTEMA DE SELECCIÓN: As imaxes recibidas subiranse ó Facebook de Alcaldía o 30/12/2022 e competirán entre si por un “ME GUSTA” que reflectirá os/as gañadores do Concurso. O período de votación abranguerá ata o 02/01/2023 ás 14:00 horas. En caso de empate entre dúas ou máis fotografías procederase a desempatar mediante sorteo.

7.- ENTREGA DE PREMIOS: os premios serán entregados nos domicilios premiados facéndose unha foto do acto que será publicado nas redes sociais de Alcaldía, medios de comunicación, etc.
8.- A participación neste concurso supón a aceptación total das presentes bases, así como as decisións tomadas por parte do Concello de Ponte Caldelas, podendo quedar excluído todo aquel participante que as incumpra.

9.- A participación no Concurso exime de toda responsabilidade á organización a cargo do Concello de Ponte Caldelas así como de calquera tipo de indemnización que poida considerarse por motivo da suspensión ou calquera outra circunstancia relacionada co Concurso.

10.- O Concello de Ponte Caldelas resérvase o dereito de interpretación das presentes Bases.

______________________________________

______________________________________

 
LODODEPUTACION
 
A Deputación de Pontevedra concedeu subvención de 127.065,60 € para a colaborar no financiamento da contratación de 10 persoas desempregadas para a realización dos seguintes servizos:
 
a) Contratación de 4 traballadores para Desbroce e Mantemento de Espazos Públicos durante 6 mes cunha xornada de 37,5 horas semanais
a) Contratación de 4 traballadores para Reparación e Mantemento de Infraestructuras Municipais  durante 6 mes cunha xornada de 37,5 horas semanais
a) Contratación de 2 traballadores para Limpeza Viaria e doutros Espazos Públicos durante 6 mes cunha xornada de 37,5 horas semanais
 
 

 
11 logo Fondo FEDER
 
 
 
O Concello de Ponte Caldelas realizou ó longo do ano 2022 accións de prevención e defensa contra incendios forestais cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento rural, no marco do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
 
Neste caso realizouse a roza de 20 hectárea mediante tratamentos preventivos de xeito mecanizado , reicibindo o Concello de Ponte Caldelas unha axuda de 5.000 euros. 
 
Con cargo a este convenio realizaronse os seguintes traballo de roza: 
 
1.- Parroquia de Barbudo
Localización 1: Estrada Barbudo-Embalse Eiras
Localización 2: Estrada Barbudo-Chain
Localización 3: Entorno Igrexa
2.- Parroquia de Xustáns
Localización 1: Cristo Rei
Localización 3: Campo de fútbol
Localización 4: Campo de fútbol
3.- Parroquia de Anceu
Localización 3: Estrada Anceu-Barbudo
4.- Parroquia de Caritel
Localización 2: Campo da Festa
Localización 3: Entorno Igrexa
Localización 4: Entorno Cimiterio
Localización 5: Estrada A Fraga
Localización 6: Estrada Pazos-Caritel
5.- Parroquia de A Insua
Localización 1: Area Recreativa
Localización 3: Campo da Festa
6.- Parroquia de Caldelas
Localización 1: Estrada Portasouto
Localización 2: Estrada Verdugo 1
Localización 3: Estrada Verdugo 2
7.- Parroquia de Taboadelo
Localización 1: Estrada Taboadelo - Xustáns
Localización 2: Estrada San Vicente-Santa Ana-Tourón
8.- Área Arqueolóxica de Touron
Localización 1: Zona de Petroglifos

cartel troita

Festa da Troita 2018 LII

cartel publicidade paces

FONDO EUROPEO 1

FONDO EUROPEO 2

sede electronica ponte caldelas

FORMACION

fiestas

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

Concello de Ponte Caldelas - 2021