A finalidade xenérica e esencial deste proxecto de revalorización dos petroglifos de Tourón vai a ser a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento dos grabados localizados no ámbito de actuación estabrecido e denominado "Área arqueolóxica do Monte de Tourón (AAT)", para garantir unha adecuada presentación ó publico dos mesmos.
Paralelamente, este proxecto propón converti-lo ATT nunha atracción turística que, xunto con outros vestixios da zona, sexa motivo de visita da mesma
Finalmente, con este proxecto preténdese construir un espacio cultural, un lugar no que a organización, emprego e mantemento primen os compoñentes históricos e culturais do espacio, máis que os meramente utilitarios ou económicos, de cara a conseguir un área onde a paisaxe e os vestixos nel contidos sexan obxeto de exploración, reflexión crítica e encontro social.
|
|
|
|
|
|
Obxetivos xenéricos:
1- Protección duns vestixos de gran valor histórico e cultural.
2- Xeración dun espacio cultural, no que a través do
emprego destes vestixos e dun centro explicativo anexo, se reconstrúan e
ilustren determinados aspectos sociais do pasado,
xerando así un sentido ós restos que mostran.
3- Integración deste espacio na parroquia de Tourón.
Proceso:
1- A recuperación e exhibición pública duns restos arqueolóxicos pertencentes a Idade de Bronce.
2- A xeración e transmisión dunha narrativa, entendida como conxunto de contidos históricos, que se presentan ó publico para que este alcance a comprender os bens que se exhiben e a paisaxe na que se inscriben.
3- A definición dun espacio de información no que transmitir as claves para a visita e percepción dos petroglifos que se amosan no campo.
4- A dinamización da exposición e dos itinerarios ós
petroglifos, a través dos elementos e dispositivos necesarios para
facer unha visita amena e entretida.
5- O coñecemento e a difusión ó público da paisaxe (natural e
social) da Idade de Bronce, así como a familiarización cun tempo e
espacio anteriores ó actual.
O
Alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, firmou a
principios do pasado mes de maio un convenio coa Conselleira
de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado Pilar Rojo, en
virtud do cal esta Consellería financia un total de
320.000.-€ desta obra. A cantidade restante será aportada
polo concello.
A previsión do alcalde é que durante este verán poida xa licitarse esta obra, co obxetivo de que a mesma poida estar lista para o ano 2007. Trátase de crear un centro lúdico-infantil nas antigas vivendas de maestros que contará cunha gardería e ludoteca.
O proyecto prevé a demolición de seis das oito vivendas, xa desafectadas pola Consellería de Educación, creando unha nova construcción unida interiormente que se destinará na súa planta baixa de maneira completa a gardería con tres unidades e capacidade aproximadamente para 50 nenos, e que terá un réxime de funcionamento similar ao das demáis garderías públicas que xa existen en Galicia. A outra planta destinarase a Ludoteca e acollerá as actividades que actualmente se desenrolan na Casa de Cultura, poidendo así llevarse a cabo nunhas instalacións permanentes, novas e perfectamente acondicionadas para as mesmas, tendo en conta o éxito e aceptación que este servicio de ludoteca está tendo entre os pais. O proxecto de acondicionamento de esta planta para a ludoteca financiarase cos orzamentos do 2006 e prevese unha inversión engadida de casi 60.000-€.
Con este ambicioso proxecto, Ponte Caldelas no prazo de pouco máis de un ano poderá ofrecer un servicio que o Alcalde, Perfecto Rodríguez, considera básico nun concello que pretende incrementar a súa poboación e mellorar a súa calidade de vida: “que os pais conten cunha gardería pública para nenos de 0 a 3 anos con horario de 10 horas, e asimesmo dunha ludoteca para nenos de 3 a 12 anos para os horarios non escolares, permitirá que os pais e nais poidan compatibilizar a súa xornada laboral co cuidado dos seus fillos”. “Na sociedade actual para que as parellas novas poidan ter fillos é fundamental que dende a Administración poidamos ofrecer servizos que faciliten o coidado dos nenos durante a xornada laboral dos seus pais. Neste sentido Ponte Caldelas vai ofrecer un servizo moi completo”. “Asimismo estes servizos facilitarán a chegada de xovenes de outros municipios que terán os mesmos como referencia importante á hora de fixar o seu lugar de residencia, favorecendo este feito a outros sectores económicos do municipio.”

Vista do proxecto da Gardería

Vista do proxecto da Gardería










