Ponte Caldelas traslada o seu Entroido ao comezo do verán para dinamizar o mes de xuño e “darlle calor” a unha festa moi popular

 

carnavalveranoO Goberno local, que busca tirar o máximo partido desta festa, decidiuno tras consultar con comerciantes, hosteleiros e algunhas das comparsas habituais

O Goberno local de Ponte Caldelas está decidido a aproveitar ao máximo o potencial do Entroido como elemento dinamizador turístico e social do municipio e por iso adoptou a decisión de trasladar a festa ao próximo sábado, 10 de xuño, unha data moito máis axeitada, que contribuirá a acentuar a singularidade que sempre tivo esta celebración no municipio.

Os comerciantes e os hosteleiros xa foron informados e manifestaron a súa conformidade cunha idea que busca aproveitar o comezo do bo tempo, dándolle calor a un evento festivo que ten ao frío e a choiva como habituais inimigos.

Leer más...

O Concello remata as obras de recollida de pluviais na Quintán e soluciona as escorrentías que chegaban ata o Centro de Saúde

obra1

Rematouse tamén o muro de contención que amplía o acceso a Baltar

O Concello de Ponte Caldelas vén de rematar dúas obras moi demandadas polos veciños, posto que solucionan problemas que se viñan arrastrando dende hai anos. As actuacións están encadradas dentro da política municipal de continuar mellorando problemas derivados da drenaxe das augas pluviais e o mal estado de muros de contención en viais públicos.

No primeiro caso quedou solucionada a canalización das augas pluviais que baixan da parte alta de Caldelas, na zona da Quintán. A obra consistiu en dividir a caída destas augas polas dúas beiras da  estrada que baixa dende a igrexa de Santa Eulalia.

Leer más...

Tapería Klimbin gaña a primeira edición do concurso gastronómico “Caldelas Tapas Quentes” co seu “Escondidiño de puré de iuca”

tapasquentes2017

O certame, que encheu as noites de venres de decembro, saldouse cunhas 4.000 racións vendidas e a satisfacción de público e hosteleiros

Unha chiscadela á comida brasileira acadou o recoñecemento do xurado profesional que valorou as 12 propostas gastronómicas que competiron no certame “Caldelas Tapas Quentes”, celebrado durante as noites deste pasado mes de decembro en Ponte Caldelas. O alcalde, Andrés Díaz, abriu o sobre lacrado que contiña a decisión do xurado nunha xuntanza que contou coa presencia dos hosteleiros participantes.

Tapería Klimbin resultou ser a gañadora co seu “Escondidiño de puré de iuca”, un prato que cautivou os padais dos cociñeiros Pepe Solla (Restaurante Casa Solla), galardoado cunha estrella Michelín, e Sergio Orge Orge e Rubén González Vallejo (El Cafetín)

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver