Ponte Caldelas estrea o seu punto limpo no que os veciños poderán depositar gratuítamente os residuos que non se recollen co lixo

 puntolimpio

O Goberno local tivo que agardar sete meses pola autorización oficial da Xunta de Galicia

O Goberno local de Ponte Caldelas asistiu hoxe á apertura oficial do punto limpo, situado no polígono da Reigosa, no que os veciños poderán depositar boa parte dos residuos para os que agora non dispoñían de alternativa propia, ao estar prohibido o seu depósito nos colectores ordinarios do servizo de recollida do lixo.

A comitiva municipal, encabezada polo alcalde, Andrés Díaz Sobral, lamentou os sete meses de espera que tivo que agardar ata que a Consellería de Medio Ambiente resolveu a solicitude de autorización de xestor de almacenamento de residuos perigosos e non perigosos

Leer más...

Ponte Caldelas celebra na primeira fin de semana de febreiro a súa feira de oportunidades

feiraverdugo

Máis dunha trintena de comerciantes locais participan nesta novena edición da Feira do Verdugo, ofertando importantes descontos

A primeira fin de semana de febreiro é a festa do comercio de Ponte Caldelas. O Pabillón Municipal acolle durante o sábado, 4 e o domingo, 5 a novena edición da Feira do Verdugo, coa presenza de máis dunha trintena de establecementos comerciais locais que ofrecerán os seus produtos, todos eles da máxima calidade e con descontos que van dun 25% ata máis dun 50% nalgúns casos.

A entrada, como é habitual é completamente gratuíta, e a actividade, organizada pola asociación de comerciantes Coempo, conta coa subvención do Concello de Ponte Caldelas.

Leer más...

A romaría de San Vicente de Parada, en Ponte Caldelas, revive e recupera o esplendor de anos pasados

sanvicente1

A data, que era festa no municipio, volveu contar co apoio do Concello e dispuxo de actuacións musicais e unha carpa para un milleiro de comensais

Había moitos anos que a romaría de San Vicente de Parada, en Ponte Caldelas, non atraía tanta xente. A coincidencia en domingo, a xornada solleira, e sobre todo o apoio do Concello, que puxo da súa parte para revitalizar esta tradición local, explican o éxito que a cita tivo despois dunha longa decadencia.

O Goberno local tripartito, formado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, está decidido a recuperar ao máximo as tradicións locais e a cita anual en San Vicente de Parada é unha das prioridades.

A carón da ermida instalouse unha carpa con 80 mesas e capacidade para preto de 1.000 persoas

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver