O Concello de Ponte Caldelas aproba definitivamente os seus Orzamentos para 2017

PLENO2017

O Pleno aproba por unanimidade a moción pola que se solicita a creación dunha base de ambulancias para atender aos concellos do Verdugo-Oitavén

O Pleno de Ponte Caldelas aprobou hoxe definitivamente o Orzamento municipal para 2017, cun importe global de 3.386.422,52 euros. As contas, que xa foran aprobadas inicialmente o pasado mes de decembro, culminan agora a súa tramitación, convertendo así a este municipio nun dos primeiros de Galicia en poñer en marcha os seus Orzamentos.

O documento parte da filosofía de consolidación da posición económico-financeira do Concello, continuando na liña da redución da débeda de un millón de euros, herdada do anterior Goberno municipal, ata deixala ao remate do exercizo en 588.000 euros.

As contas municipais municipais para este ano cumpren con toda a normativa estatal sobre estabilidade orzamentaria e regra de gasto, un dato que se suma ao respecto aos prazos sobre morosidade.

Leer más...

O Goberno local de Ponte Caldelas repara os muros de contención de Chaín e Regodobargo e protexe aos nenos de Xustáns cunha baranda

obras1

As actuacións melloran a seguridade viaria en tres lugares do municipio

As persoas que residen en Chaín e Regodobargo (A Insua) e Xustáns viron solucionados estes días senllos problemas de seguridade viaria que se tiñan presentado polo deterioro producido nalgunhas infraestruturas ou a falta de atención municipal a antigas demandas veciñais.

O Goberno local vén de completar as obras de reparación de tres muros de contención, con risco de desplome sobre viais municipais, e a colocación dunha baranda de protección na marquesiña na que os rapaces de Xustáns agardan polo autobús que os leva  ata o colexio da Reigosa. O alcalde, Andrés Díaz, visitou estes días as actuacións e comprobou os bos resultados acadados.

En Chaín volveuse erguer un muro duns 6 metros de lonxitude por máis de dous de alto que se tiña desplomado parcialmente e ameazaba un vial municipal.

Leer más...

Un veciño de Xustáns convértese no primeiro varón centenario do municipio de Ponte Caldelas

centenariocumpleO alcalde rendeulle homenaxe cunha visita e felicitouno pola súa boa saúde.

Alfonso Franco Diz, veciño de Chan do Casal (Xustáns), converteuse o pasado domingo no primeiro home centenario do municipio de Ponte Caldelas, segundo os datos obrantes no Concello. Unha afirmación arriscada, recoñeceu o alcalde, Andrés Díaz, pois tamén se pensaba que só había unha muller centenaria e agora xa hai constancia de tres.

O alcalde, acompañado da concelleira Pilar Couto, quixo participar no aniversario de Alfonso e compartir ledicia coa súa familia nunha data tan especial.

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver