O Centro Cultural expón os seus fondos galaico-portugueses e celebra un concerto coa música máis tradicional do país veciño
O Centro Cultural de Ponte Caldelas acolle este próximo martes, día 25, un dobre acto literario e musical polo que vai conmemorar o Día Internacional do Libro e tamén o aniversario da Revolución dos Caraveis en Portugal, a histórica xornada que puxo fin á ditadura salazarista.
A cita comeza ás 20.30 horas e a asistencia é completamente aberta. Comezará coa apertura da exposición dos fondos literarios galaico-portugueses,
O alcalde denuncia que o expediente estivo paralizado durante nove meses en Augas de Galicia pola proximidade dun regato a unha obra
O Goberno local de Ponte Caldelas reparará nos próximos meses unha ducia de camiños veciñais por un importe total de 122.463,41 euros. As ofertas presentadas por 10 empresas de toda a provincia foron abertas hoxe no Concello e, nos próximos días, procederase á adxudicación do lote.
As actuacións teñen por obxecto mellorar a accesibilidade en camiños municipais que dan acceso a vivendas en diversas parroquias e tamén o remate das obras de mellora da estrada de Barbudo, que dá acceso ao encoro de As Eiras. Esta pista, na que agora vaise asfaltar case un quilómetro e medio, constitúe unha das saídas naturais do municipio cara Fornelos de Montes e, por tanto, cara os centros de traballo situados na área de Porriño e Vigo.
Sen embargo, o núcleo principal deste paquete de obras é a mellora de camiños en mal estado, situados en
O Concello de Ponte Caldelas está a darlle publicidade ás actuacións desenvolvidas ao abeiro do Programa Desenrédate, basado no fomento da igualdade de oportunidades e na prevención da violencia de xénero.
Un total de 2.400 € foron concedidas pola Deputación de Pontevedra para o citado obxetivo.
As actuacións consistiron na celebración de talleres en dúas tandas: unha, no mes de novembro, dirixida por Paula Sánchez Álvarez ós/ás alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de bacharelato. Outra, no mes de xaneiro,dirixida por Débora Baz Rodríguez, ós/ás alumnos de 3º e 4º da ESO. Cabe destacar a implicación do profesorado e alumnado do Colexio público Manuel Cordo Boullosa, e do IES Ponte Caldelas.
9°C
Buen Tiempo
Humedad: 87%
Viento: 0 km/h
16°C
8°C
14°C
13°C
PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)
Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.