O alcalde de Ponte Caldelas e varios membros do equipo de goberno supervisan con técnicos da Xunta e da empresa adxudicataria das obras o inicio da construción do punto limpo no Parque Empresarial da Reigosa

DSC 0012 copiaO alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, acompañado polo tenente de alcalde de AVP, Alfonso Gutiérrez, e o concelleiro do BNG Manolo Barreiro entrevistáronse a pé de obra con técnicos da Xunta e da empresa adxudicataria da construción do punto limpo para pormenorizar os inicios dos traballos de creación desta nova instalación municipal que se ubicará nunha parcela do parque empresarial de A Reigosa.

O punto limpo ubicarase nunha parcela municipal triangular de 1.417 metros cadrados situada no parque empresarial da Reigosa e que foi decida no seu día ao Concello de Ponte Caldelas por Xestur, cando se traspasaron os viais, zonas verdes e equipamentos. A obra saíu a concurso cun orzamento de máis de 300.000 euros.

Leer más...

O alcalde e varios membros do equipo de goberno reúnense con técnicos de Medio Ambiente para supervisar o traspaso da xestión da EDAR de Ponte Caldelas á Xunta de Galicia

DSC 0049 copiaO Concello de Ponte Caldelas aforrarase uns 140.000 euros de custo dun servizo que resulta moi deficitario para o erario municipal. O convenio para a cesión da explotación da depuradora fora aprobado por unanimidade pola Corporación Municipal en xuño do ano pasado.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, acompañado polo tenente de alcalde de AVP, Alfonso Gutiérrez, e o concelleiro do BNG Manolo Barreiro entrevistáronse con técnicos de Medio Ambiente na EDAR de Ponte Caldelas para supervisar o proceso de traspaso da explotación e xestión da depuradora de Ponte Caldelas á Xunta de Galicia tal e como se aprobarara por unanimidade da Corporación Municipal nun Pleno celebrado en xuño do ano pasado.

Leer más...

Entregan no Concello de Pote Caldelas o material escolar recadado no Festival Solidario e a Master Class de Zumba

DSC 0163 copiaA organizadora do Festival Solidario e Master Class de Zumba, Adriana García, fixo entrega esta mañá ao alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e aos concelleiros Lito Muíños e José Manuel Martínez o material escolar e 165,50 euros recadados durante a celebración do espectáculo músico-deportivo celebrado no pavillón municipal de deportes de Ponte Caldelas.

O alcalde, Andrés Díaz, agradeceu a iniciativa solidaria posta en marcha por Adriana García e sinalou que "pese ao mal tempo, que fixo que se tivera que trasladar o festival da Alameda ao pavillón, a xente respostou positivamente porque na cidadanía do noso municipio hai unha alta sensibilidade social á hora de colaborar con iniciativas a favor daquelas persoas e familias que están en situación de especial dificultade económica".

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver