O alcalde de Ponte Caldelas propón na asemblea da Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo impulsar actividades para pescadores e cazadores que repercutan no municipio

IMG 4815O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, asistiu como convidado á Asemble da Asociación de Caza e Pesca Verdeseixo e propuxo aos asistentes a realización de encontros por separado (pescadores e cazadores) co fin de impulsar actividades que favorezan a práctica da pesca deportiva e cinexética e que repercutan no municipio.

Despois dunha tensa reunión presidida por Ramón Blanco no que se deron a coñecer as novas normativas que rexirán para o monte e a súa relación coa actividade cinexética en Galicia, o alcalde de Ponte Caldelas foi convidado a dirixirse aos presentes.

Leer más...

O alcalde de Ponte Caldelas destaca a importancia da conservación das tradicións como feito identitario dos pobos na súa participación nos actos celebrados na Insua

IMG 1501O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, acampañado polo tenente de alcalde Enrique Vidal participaron nos distintos actos celebrados na parroquia da Insua na honra da Virxe das Dores. O rexedor destacou a importancia da conservación das tradicións como feito identitario dos pobos nos actos na honra da Virxe das Dores organizados polos veciños na parroquia de A Insua.

Andrés Díaz, na súa alocucións aos veciños, agradeceu a invitación e aproveitou a súa asistencia para reiterar a boa disposición do novo equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas con tódalas iniciativas que se leven a cabo nos distintos lugares e parroquias do municipio coa intención de apostar polas persoas como xeito de facer política de forma diferente.

Leer más...

Abel Barros e Anaís Rivas gañaron a primeira edición da carreira popular "+5 Ponte Caldelas-Bandeira Azul" cunha participación que rondou os 300 deportistas nas distintas categorías da proba

IMG 1288Os atletas Abel Barros, en categoría absoluta masculina, e Anaís Rivas, en feminina, resultaron gañadores da primeira edición da carreira popular "+5 Ponte Caldelas-Bandeira Azul" disputada nun circuito urbán entre a Alameda e A Calzada, primeira praia fluvial de España con este distintivo de calidade europeo.

Na xornada deportiva déronse cita uns 300 atletas de diversas idades e categorías, entre ele o propio alcalde Andrés Díaz, que competiu como o resto dos atletas nesta proba. Os asistentes disfrutaron dunha auténtica festa do deporte en familia nun evento organizado por GestSport Galicia en colaboración co Concello de Ponte Caldelas.

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

Festa da Troita 2018 LII

CARTEL VIAJE FIGUERA DA FOZ PORTUGAL

SE BUSCA CARTEL 2018

CONCURSO FOTOGRAFICO 2018

BASES DE REDACCIÓN DE 2018 

plan cultural ponte caldelas año 2018

CARTEL DIA DA MULLER  2018

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver