O alcalde de Ponte Caldelas destaca a importancia da conservación das tradicións como feito identitario dos pobos na súa participación nos actos celebrados na Insua

IMG 1501O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, acampañado polo tenente de alcalde Enrique Vidal participaron nos distintos actos celebrados na parroquia da Insua na honra da Virxe das Dores. O rexedor destacou a importancia da conservación das tradicións como feito identitario dos pobos nos actos na honra da Virxe das Dores organizados polos veciños na parroquia de A Insua.

Andrés Díaz, na súa alocucións aos veciños, agradeceu a invitación e aproveitou a súa asistencia para reiterar a boa disposición do novo equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas con tódalas iniciativas que se leven a cabo nos distintos lugares e parroquias do municipio coa intención de apostar polas persoas como xeito de facer política de forma diferente.

Leer más...

Abel Barros e Anaís Rivas gañaron a primeira edición da carreira popular "+5 Ponte Caldelas-Bandeira Azul" cunha participación que rondou os 300 deportistas nas distintas categorías da proba

IMG 1288Os atletas Abel Barros, en categoría absoluta masculina, e Anaís Rivas, en feminina, resultaron gañadores da primeira edición da carreira popular "+5 Ponte Caldelas-Bandeira Azul" disputada nun circuito urbán entre a Alameda e A Calzada, primeira praia fluvial de España con este distintivo de calidade europeo.

Na xornada deportiva déronse cita uns 300 atletas de diversas idades e categorías, entre ele o propio alcalde Andrés Díaz, que competiu como o resto dos atletas nesta proba. Os asistentes disfrutaron dunha auténtica festa do deporte en familia nun evento organizado por GestSport Galicia en colaboración co Concello de Ponte Caldelas.

Leer más...

A mocidade de Ponte Caldelas disfruta do concerto Rock&Rocke que na súa segunda edición vai camiño de consolidarse como cita musical obrigada do verán

IMG 0639 copiaO éxito da celebración da segunda edición do Rock&Rocke vai camiño de refrendar a súa continuidade como cita musical obrigada para os mozos e mozas de Ponte Caldelas e outros concellos da comarca delimitada polos ríos Verdugo e Oitavén. Tamén asistiu ao concerto o alcalde, Andrés Díaz, o tenente de alcalde de AVP, Alfonso Gutiérrez, o tenente de alcalde do BNG, Lito Muíños, e varios membros do equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas.

Os organizadores do evento, Festeiros 2.0, mixturaron diversos grupos e gustos musicais coa intención de abrir ao máximo a oferta desta edición que congregou en Chan da Barcia a centos de xóvenes que disfrutaron dunha noite de venres con boa música. Tamén un artista do grafitte realizou varios cadros en direto, diante do público, mentras estaban actuando sobre o escenario diversos convidados que expuxerons as súas composicións raps e de hip-hop.

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver