O programa de festas de Ponte Caldelas chega en caixa de Dinamical forte, medicina contra o aburrimento

Dinamicalfortepresentacin

Inclúe máis de 80 “comprimidos” en forma de actividades que comezan este mes de xuño e chegan ata o mes de outubro

Unha medicina completamente gratuíta contra o aburrimento, que se presenta no formato dunha caixa de 80 comprimidos para tomar entre este mes de xuño e o próximo outubro. Así aparece este ano o programa de festas de verán de Ponte Caldelas. Chega o Dinamical forte.

O programa de festas máis terapéutico ten como principio activo “100% Caldelina” (esencia de Ponte Caldelas) e aparece como a última creación do “laboratorio Ponte Caldelas está de moda!”

Leer más...

Os veciños de Ponte Caldelas viaxaron ao Barbanza

Rianxo

Visitaron Rianxo, A Pobra do Caramiñal, o castro de Baroña e as dunas de Corrubedo

Os veciños de Ponte Caldelas gozaron dos atractivos paisaxísticos da bisbarra do Barbanza cunha excursión que tivo como epicentro as localidades de Rianxo e A Pobra do Caramiñal, pero que permitiu tamén achegarse a fitos patrimoniais e paisaxísticos tan representativos como o castro de Baroña ou as dunas de Corrubedo.

A excursión, incluída no programa “Caldelas Viaxa”, congregou a 160 persoas,

Leer más...

O Concello evita o peche do Rexistro da Propiedade ofertando o seu traslado á antiga sede de Turismo

registropropiedad

O Goberno local tripartito desafecta o inmoble, pechado dende hai anos, para realoxar un servizo importante para Ponte Caldelas

O Rexistro da Propiedade continuará en Ponte Caldelas grazas a un acordo do Goberno local tripartito coa profesional responsable deste servizo. O acordo consiste na inminente sinatura dun contrato de aluguer, a prezo simbólico, no pequeno inmoble, sen uso dende hai varios anos, que albergou a oficina de Turismo.

O alcalde de  Ponte Caldelas, Andrés Díaz, mantivo unha xuntanza coa rexistradora de Redondela, que xestiona o Rexistro de Ponte Caldelas, para estudar todas as fórmulas posibles para evitar o peche.

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver