O Concello de Ponte Caldelas da publicidade á subvención concedida por parte da Deputación de Pontevedra ó abeiro do Programa Desenredate para o ano 2016

logo ppal

O Concello de Ponte Caldelas está a darlle publicidade ás actuacións desenvolvidas ao abeiro do Programa Desenrédate, basado no fomento da igualdade de oportunidades e na prevención  da violencia de xénero.

Un total de 2.400 € foron concedidas pola Deputación de Pontevedra para o citado obxetivo.

As actuacións consistiron na celebración de talleres en dúas tandas: unha, no mes de novembro, dirixida por Paula Sánchez Álvarez ós/ás alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de bacharelato. Outra, no mes de xaneiro,dirixida por Débora Baz Rodríguez,  ós/ás alumnos de 3º e 4º da ESO. Cabe destacar a implicación do profesorado e alumnado do Colexio público Manuel Cordo Boullosa, e do IES Ponte Caldelas.

A LI edición da Festa da Troita viaxará por todas as parroquias con 25 actos de promoción no mes de maio

reuniondegustaciontroita2017

O Goberno local reúnese cos cociñeiros que colaboran co Concello para preparar a xeira de degustacións, que chegará ás 1.500 racións 

O Concello de Ponte Caldelas pechou hoxe o calendario das degustacións de promoción da LI Festa da Troita, que supoñen un total de 25 paradas noutras tantas casas do pobo do rural do municipio. A xeira comezará o próximo 2 de maio e rematará  o día 26, xusto a tempo para celebrar a gran festa gastronómica durante a última fin de semana de maio, os  días 27 e 28.

O alcalde, Andrés Díaz, mantivo unha xuntanza cos cociñeiros

Leer más...

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONOU AS ACTUACIÓNS MUSICAIS DAS FESTAS DAS DORES ANO 2016

logo ppal

 

As actuacións musicais da pasada Festa das Dores do Concello de Ponte Caldelas foron subvencionadas pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro daLiña 3.- Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais, das Bases reguladoras do “Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o exercicio 2016”

 A subvención  concedida pola Deputación de Pontevedra ascendeu ó  importe de 18.613,45 €.

O Concello de Ponte Caldelas, ao igual que a meirande parte dos concellos da provincia,  aproveitou unha das liñas establecidas nas bases da convocatoria do Plan de Concellos, como medida de financiación para a celebración da citada actividade.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

carnaval de veran 2017 5

CARTEL VIAXE BARBANZA

cartel festa da troita 2017

CONCURSO FOTOGRAFICO 2017

BASES DE REDACCIÓN DE 2017

cartelmasaje2

cartel esposicion viernes 26

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver