12131165 b517 4a90 91ee 1b2ca68fbeeb

Critica a “política espectáculo” da Xunta de Galicia que anuncia 47 millóns de euros en novas residencias de anciáns mentres non é quen de poñer en funcionamento as que xa están construídas

A Casa da Quintán, o chalé indiano restaurado pola Xunta de Galicia no ano 2009 cun investimento público de 407.803 euros, cumpre oito anos pechada e xa con evidentes signos de deterioro. O novo Goberno local de Ponte Caldelas dá, por terceira vez, a voz de alarma diante da irresponsabilidade da Consellería de Política Social, que condenou este edificio ao máis absoluto dos abandonos.

O equipo de goberno caldelán, formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, xa denunciou a situación en 2015 e promoveu en xullo de 2016 unha moción plenaria que conseguiu aprobar por unanimidade, despois de invitar ao PP a modificar a súa redacción. A moción insta ao conselleiro, José Manuel Rey Varela, a visitar o inmoble e proceder á súa apertura como Centro de Día para Maiores de toda a bisbarra, abranguendo tamén os concellos de Cerdedo-Cotobade e A Lama. O abandono da Casa da Quintán mesmo foi denunciado nunha carta enviada ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e reiterada ao delegado territorial, José Manuel Corres Tourís, tras as últimas Eleccións Autonómicas.

Con estes precedentes, o Concello de Ponte Caldelas asiste con perplexidade ao anuncio por parte do Goberno da Xunta de Galicia dun gasto de 47 millóns de euros para construír novas residencias de maiores nas sete grandes cidades galegas e crear 500 postos de traballo. Un anuncio que o alcalde, Andrés Díaz, cualifica como política espectáculo, na medida en que non se poñen a funcionar os edificios que xa están preparados cos cartos de todos. “A este Goberno galego hai que pedirlle máis sentidiño e menos anuncios grandilocuentes”, conclúe.

A negativa á apertura da Casa da Quintán contrasta coa posta en servizo, ao longo do último ano de cando menos catro Centros de Maiores por parte do Consorcio Galego do Benestar en Redondela, Curtis, Maceda e Pobra do Caramiñal. Unha contradición que se acentúa ao estar ao fronte do Consorcio o ex-alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez.

“Parece que a Xunta de Galicia está cómoda dando por tirados case medio millón de euros, simplemente porque hai consigna de moi arriba de boquear a Ponte Caldelas, como sucedeu moi visiblemente co escándalo da cacicada da PO-234, a estrada autonómica na que o Concello mesmo tivo que asumir o custo das expropiacións para que se corrixan as perigosas curvas de Laxoso”, afirma Díaz.

A Casa da Quintán é un fermoso chalé de estilo indiano cedido polos seus propietarios para a construción dun centro de apoio a persoas con discapacidades psíquicas. Diante das dificultades para utilizalo con este fin, o Concello falou cos cesionarios e comunicou á Xunta a súa proposta de reorientalo como un Centro de Día para persoas maiores, sen prexuízo da súa utilización para calquera outro servizo social.

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTELVIAJEAVEIRO4preparada

carteles CARTELMOTERO2017

SE BUSCA CARTEL 2017

CONCURSO FOTOGRAFICO 2017

BASES DE REDACCIÓN DE 2017

cartelmasaje2

cartelquerote

PLANCULTURAL2017

LARANXADADELIMON

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver