IMG 9923

A totalidade da Corporación municipal foi invitada ao acto para expresar unidade e o carácter transversal das políticas de Igualdade

Un Faladoiro de vida dá comezo aos actos cos que o Concello de Ponte Caldelas celebra o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O acto, que se celebra esta tarde a partir das 18.30 horas no Centro Cultural, contará cos testemuños dunha decena de mulleres do municipio, de todas as extraccións sociais, idades, niveis académicos e traxectorias. Cada unha relatará os fitos duns anos nos que experimentaron, en primeira persoa, as barreiras invisibles que a sociedade coloca para dificultar a súa plenitude persoal e/ou profesional.

O Goberno local de Ponte Caldelas, formado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, invitou aos concelleiros do grupo do Partido Popular ao acto ao entender que as políticas de Igualdade son un asunto transversal no que non ten sentido a rivalidade política. Tamén se dirixiu a todos os colectivos de mulleres do municipio para acadar a súa asistencia.

O Faladoiro dará comezo coa presentación a cargo da educadora social do Concello, Eva Solla, quen dará paso ao alcalde, Andrés Díaz, para a lectura dunha declaración institucional. A continuación chegará o momento das exposicións das mulleres, que son unha auténtica escolma en feminino dun municipio como Ponte Caldelas, incluída a visión dos emigrantes retornados. As intervencións estarán dinamizadas e moderadas por unha presentadora.

O Concello colocará unhas árbores nas que todas as persoas que asistan poderán adherir post-its con mensaxes alusivos á Igualdade. Ademais obsequiará cunha cunca co logo desta actividade a todas as participantes.

A segunda iniciativa coa que o Concello conmemorará esta data será o obradoiro que leva por título "Muller: identidades, afectos e coidados. Cómo amar aos demais empezando por unha mesma". Desenvolverase durante os venres 10 e 17 deste mes de marzo, en horario de 18.00 a 20.00 horas, polo que cubrirá un total de catro horas repartidas nas dúas sesións.

A educadora sexual Débora Baz presentará a sexualidade como "unha fonte de pracer, saúde, benestar e comunicación, que, vivida de xeito satisfactorio, é tamén unha fonte de comprensión cos demais, así como unha eliminación de tensións e rixideces". A sexualidade forma parte da nosa vida e como proceso vital de cada quen, vai cambiando en cada persoa, nunca é tarde para coñecer, analizar e canalizar de xeito consciente este proceso. Será unha oportunidade para aprender sobre conceptos tan de actualidade como a identidade sexual, desexo sexual e afectividade sexual. 

As prazas son limitadas a 20 persoas e formarase un grupo pechado para gozar das dúas sesións de xeito gratuíto. Ás participantes deben presentar a solicitude no Concello. As que precisen servizo de gardería deberán marcalo na solicitude.

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTELVIAJEAVEIRO4preparada

carteles CARTELMOTERO2017

SE BUSCA CARTEL 2017

CONCURSO FOTOGRAFICO 2017

BASES DE REDACCIÓN DE 2017

cartelmasaje2

cartelquerote

PLANCULTURAL2017

LARANXADADELIMON

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver