avoa109

A anciá, que reside na súa casa familiar da parroquia de Tourón, goza de boa saúde e non recibe ningún tratamento médico

O 6 de febreiro de 1908 naceu, nunha casa da parroquia de Tourón (Ponte Caldelas), unha nena chamada Alsina Tomé Martínez. Onte cumpriu 109 anos, convertida dende hai xa tempo nunha das avoas de Galicia e de España.

Arrodeada da súa familia recibiu, na mesma casa onde viu ao mundo, a visita do alcalde de Ponte Caldelas,  Andrés Díaz Sobral, quen felicitouna e entregoulle o obsequio institucional dunha torta de aniversario e un ramo. Foi a primeira vez que un alcalde visitaba á muller máis vella do municipio, pois, ata o de agora, a súa familia celebraba a data na intimidade.

Alsina, que está viúva dende hai 77 anos, viviu sempre en Tourón,

agás un breve paréntese no que emigrou a Brasil e unha década na que residiu cunha neta en Madrid. Tivo tres fillas, cinco netos e sete bisnetos. Para o mes de xullo agárdase o nacemento do seu primeiro tataraneto.

 

Goza dun excelente estado de saúde e non toma ningunha menciña, pois unicamente padece unha artrose que lle afectou especialmente aos cadrís, polo que móvese nunha cadeira de rodas coa axuda dunha filla e unha neta, que son as que se ocupan do seu coidado.

O seu estado mental xa non é tan bo e está severamente afectada pola demencia senil. Non obstante, onte tivo un día magnífico e celebrou como moita ledicia o seu aniversario acompañada dos seus. Soprou as veas con ilusión e recibiu moitos aloumiños.

A súa neta explicou que non padece enfermidade ningunha dende que hai uns anos ingresou en Montecelo por unha infección de ouriño, complicada cunha anemia. Chegaron a pensar que non a superaría, pero saíu adiante, aínda que con algún problema dixestivo. Dende entón aliméntase a base de batidos de proteína con leite.

Dáse a circunstancia de que foi moi amiga de Sara Maquieira, a outra centenaria de Tourón, que cumpriu 104 anos hai poucas datas. Un dato que se suma á lonxevidade dos sete irmáns de Alsina, xa todos falecidos, pero despois de superar ben os 90 anos e mesmo acadar o centenario.

A familia da avoa de Ponte Caldelas  non entra nin sae na lenda de que a lonxevidade da xente da parroquia de Tourón débese á auga deste lugar, “pero está moi boa e, por se acaso, a bebemos”, rebrinca Mónica, a súa neta.

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

SE BUSCA CARTEL 2017

CONCURSO FOTOGRAFICO 2017

BASES DE REDACCIÓN DE 2017

cartelentroidopontecaldelas2017

cartelsanvalentincoempo3

PLANCULTURAL2017

CARTELMOTIVARTECUAS

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver