O deseño do mellor cartel está dotado cun premio de 400 euros, mentres que as fotografías gañadoras obteñen 300, 200 e 100 euros, respectivamente. O concurso de Redacción, pola súa banda, está dotado cunha tableta electrónica para cada gañador nos colexios Cordo Boullosa e A Reigosa. Os rapaces autores dos relatos gañadores, a criterio dos equipos docentes, serán anunciados nos próximos días.


A votación popular para os concursos de carteis e fotografías desenvolveuse durante a semana pasada tanto presencialmente como a través da sede electrónica do Concello. Para votar tan só era necesario estar empadroado en Ponte Caldelas e ser maior de idade.


O xurado que preseleccionou os traballos estivo presidido polo alcalde, Andrés Díaz, e contou coa presenza dos concelleiros Lito Muíños e Alfonso Gutiérrez, ademais do fotógrafo Juan Manuel Lois Bascoy.


Un ano máis, o río Verdugo, foi o protagonista temático deste concurso gráfico da Festa da Troita.

........................................................................

 

 

pabellon

IMG 20150910 WA0000

IMG 20150908 WA0000

IMG 20150828 WA0002

IMG 20150803 WA0002

dores

IMG 20150804 WA0004

ROMERÍA DE CRISTO REI
Lévase a cabo o primeiro domingo de Xulio no lugar de Xustáns. O seu principal atractivo está nos espléndidos paisaxes que se poden contemplar dende a ermida do mesmo nome.

FESTAS DOS DOLORES
Na vila de Ponte Caldelas a última fin de semana de agosto (durante catro días: sábado, domingo, luns e martes). Son as festas patronais do municipio e congregan a numerosos visitantes, sobre todo o martes, verbena que se prolonga ata ben entrada a mañá do día seguinte.

ROMERÍA DE "A VIRXE DA SAÚDE"
En Rebordelo celébrase o domingo seguinte a Semana Santa (2º domingo de Pascua) e congrega a moita xente debido á gran devoción que desperta.

VI BTT TROITA CELEBRARASE O 27 DE OUTUBRO 

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

coempo

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo

DSC 6811FESTA DA BATALLA DE PONTE CALDELAS

Dende agosto do ano 2009, con motivo dos actos do bicentenario da Guerra de Independencias celébrase na Festa da Batalla de Ponte Caldelas, co fin de conmemorar o feito histórico sucedido o 7 de xullo de 1809 cando un grupo de campesiños e fidalgos acaudillados por Francisco Oubiña, señor do Pazo do Coto de Forzáns lle plantou cara a unha brigada de infantaría lixeira e de cabalaría mandada polo xeneral Ney, río arriba buscando un paso polo río Verdugo para poder atacar pola retagarda ás tropas españolas que estaban a defender Ponte Sampaio fronte ás hostes de Napoleón.

A acción heroica deses campesiños sen formación militar e a axuda dos míticos "canóns de pau" e a sorte emboscada tras a espesa néboa existente ese día botaron a perder cos plans do estratego francés e permitiu que a resistencia española en Ponte Sampaio non fose sorprendida pola retagarda.

Dende o 2009 o Concello de Ponte Caldelas en colaboración coas asociacións do municipio recrean esa importante efemérides a través da simulación dunha batalla na que participan unhas 200 persoas ataviadas con roupas de época imitando as Alarmas de Ponte Caldelas e uniformadas cos vistosos traxes do exército de Napoleón.

Simultáneamente un amplo programa de actividades, desenvolvido o fin de semana anterior ás Festas das Dores (terceiro fin de semana de agosto) entre as que destaca a Feira Antiga do Camiño dous Arrieiros, convértense en cita obrigada para veciños e visitantes que durante esta época estival abarrotan as rúas e a Alameda de Ponte Caldelas.

Nesta recreación teatralizada participan veciños dos distintos lugares do municipio, especialmente da parroquia de Forzáns, que escenifican cada ano, cun guión diferente e orixinal, a loita que mantivo o pobo galego contra as tropas de Napoleón para gañar a súa independencia da opresión que representaba no aquel momento o exército francés.

A participación cidadá nesta festa cada vez é maior vestíndose o público con roupas de época e realizando "xantares populares" nas beiras do río Verdugo ofrecendo a vila un aspecto pintoresco e colorista que a fai retroceder no tempo ao século XIX.

DSC 6669DSC 6683DSC 6760 DSC0100PICT8537DSC 6831PICT8589 DSC0178

JSN_TPLFW_GOTO_TOP