As mulleres de Cuñas foron as primeiras en participar no ciclo de sesións de “coaching” en feminino organizado polo Concello

5e228556 36cc 4ff4 9139 6516cbe3c63e

O alcalde deu a benvida ás asistentes na primeira das sesións e augurou que o futuro, afortunadamente, está nas mans das mulleres

Un grupo de 16 mulleres de Cuñas aprenderon onte estratexias para rachar os teitos de cristal e de cemento, as barreiras invisibles que limitan o desenvolvemento profesional e persoal,  na primeira das sesións do programa “Quérete a ti mesma”, organizado polo Concello de Ponte Caldelas.

A actividade, que está baseada na metodoloxía “coaching”, supón unha aposta novidosa, na medida en que consiste en 16 sesións que se van celebrar por todo o rural de Ponte Caldelas e non hai precedentes dunha programación equivalente en Galicia.

Ler máis...

O alcalde de Ponte Caldelas e tres veciñas de Barbudo viaxan a Vila Verde (Portugal) para acordar os trámites para irmandarse

visitavilaverde

O Goberno local caldelán quere oficializar unha amizade que se remonta a 13 anos atrás e organizará intercambios socioeconómicos e culturais

A sede da Cámara Municipal de Vila Verde foi onte o escenario dunha xuntanza entre as autoridades locais portuguesas e o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, co obxecto de pechar un calendario de actuacións que culmine coa irmandade oficial entre os dous municipios, que comparten o topónimo Barbudo nunha parte do seu territorio. O alcalde estivo acompañado de tres veciñas desta parroquia

Ler máis...

Alsina Tomé, a avoa de Ponte Caldelas, cumpre 109 anos arrodeada da súa familia e coa visita do alcalde

avoa109

A anciá, que reside na súa casa familiar da parroquia de Tourón, goza de boa saúde e non recibe ningún tratamento médico

O 6 de febreiro de 1908 naceu, nunha casa da parroquia de Tourón (Ponte Caldelas), unha nena chamada Alsina Tomé Martínez. Onte cumpriu 109 anos, convertida dende hai xa tempo nunha das avoas de Galicia e de España.

Arrodeada da súa familia recibiu, na mesma casa onde viu ao mundo, a visita do alcalde de Ponte Caldelas,  Andrés Díaz Sobral, quen felicitouna e entregoulle o obsequio institucional dunha torta de aniversario e un ramo. Foi a primeira vez que un alcalde visitaba á muller máis vella do municipio, pois, ata o de agora, a súa familia celebraba a data na intimidade.

Alsina, que está viúva dende hai 77 anos, viviu sempre en Tourón,

Ler máis...

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP