Ponte Caldelas celebra o 8 de marzo cun Faladoiro cheo de testemuños vitais de mulleres do municipio

IMG 9923

A totalidade da Corporación municipal foi invitada ao acto para expresar unidade e o carácter transversal das políticas de Igualdade

Un Faladoiro de vida dá comezo aos actos cos que o Concello de Ponte Caldelas celebra o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O acto, que se celebra esta tarde a partir das 18.30 horas no Centro Cultural, contará cos testemuños dunha decena de mulleres do municipio, de todas as extraccións sociais, idades, niveis académicos e traxectorias. Cada unha relatará os fitos duns anos nos que experimentaron, en primeira persoa, as barreiras invisibles que a sociedade coloca para dificultar a súa plenitude persoal e/ou profesional.

Ler máis...

Actividades para o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

1ª actividade:

FALADOIRO DE MULLERES: HISTORIAS DE VIDA

O próximo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Concello de Ponte Caldelas organizará una actividade para conmemorar esta data e reivindicar o papel das mulleres do noso pobo como alicerces imprescindibles para o desenvolvemento da nosa comunidade.

En todo o mundo se celebran os logros alcanzados  na loita pola igualdade das mulleres, tanto a nivel político, económico e social. É tamén un día reivindicativo no que se recordan os retos pendentes: erradicar as violencias machistas, acadar unha igualdade salarial, igualdade no acceso á escolaridade, incrementar a presenza feminina nos diferentes órganos políticos, lexislativos e directivos

Ler máis...

Ponte Caldelas lanza unha campaña de empadroamento para consolidar o seu crecemento de poboación

GRAFICAPOBOACINPONTECALDELAS2017

O Goberno local destaca que 2016 rachou unha grave tendencia histórica de perda de habitantes que se manifestaba dende 2005

“Empadróate en Ponte Caldelas” é a nova campaña do Concello, co obxectivo de consolidar o crecemento no número de veciños que comezou a manifestarse durante o pasado ano 2016, rachando así coa negativa tendencia de máis dunha década de perda constante de habitantes.

A Xunta de Goberno Local, na que se sentan os integrantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, deu o visto bo a unha iniciativa que se lanza a primeiros de ano e coa necesaria antelación aos períodos de cobro das taxas e impostos municipais,

Ler máis...

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP