O dúo "Sobre todo ella" actuará a noite do venres en Ponte Caldelas dentro do ciclo Noites na Alameda

CARTEL copiaOrganizado polos establecemento hosteleiros O Adro da Ponte, Cafetería Aries, Cafetería Fidel e Verdugolandia e coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas este venres 24 de xullo, a partir das 21 horas, terá lugar o concerto do dúo “Sobre todo ella”, dentro do ciclo de actividades Noites na Alameda. Este experimentado dúo ofrece un amplo repertorio de pezas que contaxian o seu ritmo e dinamismo que fan vibrar ao público asistente.

Esta actuación celébrase para dinamizar as noites dos venres na Alameda de Ponte Caldelas e pretende servir de escaparate para os novos grupos emerxentes que están facendo a súa actividade na comarca de Pontevedra ao tempo que se dinamiza a actividade hostaleira no centro da vila. O concerto comezará ás 21 horas e prolongarase por espazo de dúas horas aproximadamente.

Ler máis...

Os alcaldes de Soutomaior e Ponte Caldelas reúnense para profundizar na boa relación institucional e de veciñanza

DSC 0193 copiaAndrés Díaz propón ao seu homólogo a posibilidade de impulsar a creación dunha agrupación de Protección Civil baseada no voluntariado e que cumpra a normativa autonómica nesta materia. Agustín Reguera expón a necesidade de atopar un sistema de colaboración económica para sustentar o bombeo de Silvoso e Aranza ata a depuradora da Xunta en Comboa.

Os alcaldes de Soutomaior, Agustín Reguera Ocampo, e o de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo no Consistorio de Soutomaior para profundizar nas boas relacións institucionais e de veciñanza que sempre mantiveron estes dous concellos limítrofes.

Ler máis...

O Concello de Ponte Caldelas e Urbaser realizan unha actividade de concienciación medioambiental con nenos e nenas da ludoteca municipal na praia fluvial

RECICLAXEForma parte das iniciativas propostas con motivo da concesión da Bandeira Azul a A Calzada

O Concello de Ponte Caldelas e Urbaser realizan unha serie de actividades de concienciación medioambiental cos nenos e nenas da Ludoteca Municipal dentro das propostas con motivo da concesión da Bandeira Azul á praia fluvial de A Calzada.

Os cativos participarán en obradoiros e xogos deseñados por Urbaser para concienciar aos máis pequenos da casa da necesidade de separar ben os resíduos sólidos urbáns para favorecer a reciclaxe. As actividades fixéronse en dúas quendas, unha pola mañá a patir das once na praia fluvial de A Calzada e a outra pola tarde, a partir das 17 horas.

Ler máis...

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP