O Concello de Ponte Caldelas esíxelle á Deputación que repare a estrada de Pazos antes de que sexa transferida

DSC 0011 copiaO alcalde, Andrés Díaz, e o tenente de alcalde Lito Muíños indicáronlle a un responsable técnico do ente provincial os defectos detectados nos traballos recentemente realizados na etapa do anterior rexedor. A Deputación enviará un equipo de filmación e visión subterránea para introducir nos sumidoiros e detectar posibles afundimentos ou obstrucións. Mellorará a seguridade vial dotando ao quitamedos de medidas de protección para motoristas e suavizará o entronque da vía coa estrada que conduce a Ponte Caldelas.

Ler máis...

A afluencia de público supera as previsións máis optimistas no primeiro venres de "Caldelas Tapas"

DSC 0021 MEMBROS DO GOBERNO NO ALAMEDAOs nove establecementos participantes nesta edición estiveron abarrotados polas personas que se decidiron a facer a ruta das tapas por Ponte Caldelas. Os establecementos esgotaron os pinchos e tiveron que repoñe-los en varias ocasións para atender a gran demanda de clientes que se rexistrou na noite do venres.

A primeira xornada do concurso gastronómico "Caldelas Tapas" saldouse cun éxito arrollador que superou as previsións máis optimistas dos organizadores debido a gran afluencia de público que na tarde-noite do venres abarrotou por completo os nove establecementos participantes neste evento turístico-culinario.

Ler máis...

Ponte Caldelas convértese en punto de atracción turístico, gastronómico e musical con iniciativas que dinamiza o concello

BLACKSTONESO venres actúan os Black Stones na Alameda e comeza o concurso gastronómico "Caldelas Tapas", con dez establecementos hostaleiros participantes, e o sábado a música instálase no Parque Infantil (xunto ao colexio) cunha homenaxe ao grupo mexicano "Maná"

O municipio de Ponte Caldelas convértese en punto de atracción turística, gastronómica e musical esta fin de semana cunha serie de actividades dinamizadas polo Concello como o inicio do concurso culinario "Caldelas Tapas", no que participan dez establecementos hostaleiros, a actuación na Alameda dos Black Stones, a partir das 21 horas, e a homenaxe musical ao grupo mexicano "Maná" no Parque Infantil (xunto ao colexio), o sábado a partir das 22 horas, onde os asistentes poderán escoitar unha audición cos mellores éxitos do conxunto azteca.

Ler máis...

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP