Éxito de participación na xornada de piragüismo organizada polo Concello de Ponte Caldelas no Río Verdugo, preto da primeira praia fluvial de España en contar coa Bandeira Azul

IMG 0218Casi 200 persoas participaron nunha nova edición do paseo gratuíto en piragua polo río Verdugo organizado polo Concello de Ponte Caldelas e que permitía percorrer este afluente desde as inmediacións da primeira praia fluvial en España con Bandeira Azul e a pasarela de madeira existente no centro da vila. Entre os asistentes atopábanse o alcalde, Andrés Díaz, que acudiu ao río co seu fillo pequeno, e o tenente de alcalde do BNG, Lito Muíños, que o fixo tamén coa súa filla.

Os participantes, provistos obrigatoriamente de chaleco salvavidas e supervisados por monitores do Clube de Piragüismo de Vilaboa, participaron en catro quendas dunha hora, desde as 16 horas, para facilitar un acceso máis organizado e equitativo entre as persoas inscritas nesta actividade.

Ler máis...

Unha visita guiada nocturna á área arqueolóxica de Tourón e o concerto Rock&Rocke serven de limiar ás Festas das Dores en Ponte Caldelas este venres

Unha visita guiada á Área Arqueolóxica de Tourón e o concerto Rock&Rocke servirán de preámbulo, este venres día 21, ás Festas das Dores en Ponte Caldelas.

Os máis novos teñen a súa cita coa música da man de Eleka+Familia, Proxecto Ícaro, The Seangles e outros artistas convidados polos organizadores, Festeiros 2.0, que terán ás 21 horas, nas inmediacións do pavillón municipal de deportes (Chan da Barcia) ubicado o escenario así como postos de comida, artesanía e merchandising.

Ler máis...

Este venres volve a Ponte Caldelas unha nova xornada gastronómica a través do "Caldelas Tapas"

DSC 0015 copiaOs nove establecementos que participan na primeira edición do concurso gastronómico "Caldelas Tapas" volven a ofrecer este venres un pincho gratis coa consumición a aquelas persoas que queiran participar dunha iniciativa culinaria diferente para dinamizar o sector hosteleiro de Ponte Caldelas.

Así Mesón Parada, Cafetería Aries, O Recanto, A Taberna de Laxoso, Cervexaría Alameda, Verdugolandia, Restaurante O Ramís, Restaurante Casa 501 e Cafetería Panadería Pecas porán novamente á disposición dos seus clientes as súas propostas gastronómicas.

Ler máis...

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP