DSC 0012 copiaAndrés Díaz defendeu durante a visita oficial do delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, a importancia do respecto institucional e agradeceu o interese amosado "ante as demandas plantexadas polo equipo de goberno, na seguridade de que serán atendidas dado a xusteza e necesidade das mesmas", salientou o alcalde.

O equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas, encabezado polo seu alcalde Andrés Díaz Sobral, trasladoulle ao delegado da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, toda unha batería de peticións e suxestións relacionadas coa mellora da calidade de vida dos veciños deste concello durante a visita insitucional realizada ao Consistorio.

Díaz Sobral e os membros do equipo de goberno presentes na xuntanza con Tourís, José Manuel Martínez e Alfonso Gutiérrez, de AVP, insistiron sobre a necesidade da colaboración da Xunta de Galicia na elaboración dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que dea resposta ás necesidades urbanísticas que presenta non só a vila senón tamén as parroquias e lugares que conforman o municipio así como un Plan Sectorial de Protección para o Parque Empresarial de A Reigosa.

Sobre este particular o equipo de goberno manifestoulle ao delegado da Xunta que "é urxente e necesario afrontar con claridade un Plan Sectorial para o Parque Empresarial de A Reigosa para evitar a proliferación de empresas que, pola proximidade a zonas habitadas, podan perxudicar a zona non só desde o punto de vista medioambiental senón tamén sanitario para os residentes dos lugares próximos á súa ubicación".

"De feito —salientaron os membros do equipo de goberno— este Parque Empresarial da Reigosa foi concebido como unha prolongación natural do existente no Campiño polo que non se tivo en conta a particularidade da proximidade a zonas habitadas e a complicación de dar licencias para empresas que poden acarrear complicacións desde o punto de vista medioambiental ou sanitario", sinalaron.

CUN PLAN SECTORAL DE PROTECCION NON SE PODERÍA UBICAR UN CREMATORIO NIN EMPRESA DANINA PARA O MEDIO AMBIENTE

Asemade, os membros do equipo de goberno reforzaron o seu argumento sinalando que "de existir ese Plan Sectorial de Protección no polígono, que contemplara esas medidas de prevención medioambientais e sanitarias, non permitiría, de cara ao futuro, a ubicación dun crematorio e tampouco a instalación de empresas que poideran por en situación de risco a saúde dos residentes en zonas próximas á súa ubicación. Pretendemos que se tomen de urxencia estas medidas para evitar que podan vir outras industrias de especial complicidade medioambiental e que podan instalarse a escasos metros de zonas habitadas como Baltar ou a propia A Reigosa", manifestaron.

Durante a visita de Tourís a Ponte Caldelas, o alcalde e os membros do equipo de goberno trasladáronlle tamén a petición urxente de que se proceda á roza e limpeza dos marxes das estradas de titularidade autonómica e que discurren polo termo municipal xa que "constitúen un problema para a seguridade vial tanto dos vehículos como dos transeúntes ao tempo que dan unha imaxe de abandono e poñen en risco de incendio as zonas que están sen limpar sobre todo nestes días de especial calor e perigo de incendio".

Finalmente, o alcalde e os membros do equipo de goberno agradeceron a visita de cortesía realizada polo delegado da Xunta en Pontevedra e apostaron por impulsar a apertura de canles de comunicación e colaboración institucional que favorezan o respeto mutuo entre dúas administracións, a local e a autonómica, que deben ir da man para garantir a eficiencia dos recursos empregados en atender as demandas dos veciños.

Asemade, agradecéronlle tamén a Cores Tourís o interese amosado "ante as demandas plantexadas polo equipo de goberno, na seguridade de que serán atendidas dado a xusteza e necesidade das mesmas", salientou o alcalde e os membros do equipo de goberno.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP