DSC 0094 copiaEntre as múltiples actividades e actuacións estiveron as de “Nós tamén imos”, “Pandereteiras de Regodobargo”, “Pandereteiras de Silvoso” e “Pandereteiras de Chaín”

O equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas encabazados polo alcalde, Andrés Díaz Sobral, asistiron á Iª Xuntanza Folc “Follas de Olivar” celebrada na ára recreativa de Carreira Ancha, na parroquia de A Insua e na que participaron, entre outros, as agrupacións musicais “Nós tamén imos”, “Pandereteiras de Regodobargo”, “Pandereteiras de Silvoso” e “Pandereteiras de Chaín”.

Despois de varias actuacións musicais á sombra das árbores existentes na Carreira Ancha, os asistentes a esta Xuntanza Folc compartiron un xantar popular onde non faltaron as empanadas, callos, tortillas e produtos típicos da gastronomía galega.

Pola tarde o protagonismo estivo nos cativos que participaron en xogos tradicionais, así como para a actuación de músicos espontáneos que fixeron gala da súa boas dotes para o canto interpretando cancións populares que forman parte do patrimonio folclórico inmaterial galego.

Polo serán desenroláronse xogos musiciais a cargo de “Luis Prego e os Xeitosos da Insua!” para rematar o encontro con varias actuacións da escola de baile tradicional “Trouleada”, “Os Carunchos” e “Tanto nos ten”.

O alcalde, Andrés Díaz, o tenente de alcalde Alfonso Gutiérrez e o tenente de alcalde Lito Muíños felicitaron aos organizadores do evento pola “magnífica ejecución do programa e polo que supón este tipo de iniciativas para dinamizar o entorno rural do noso concello ao tempo que se reivindica e se potencia o noso folclore tradicional. Desde logo esta iniciativa hai que continuala e para elo vai desde aquí, desde o Concello, o noso apoio incondicional para que en sucesivas edicións non só se consolide este proxecto senón que acade o maior desenrolo posible”.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP