izado bandera azulO alcalde manifestou que é un logro histórico colectivo de tódolos veciños e veciñas de Ponte Caldelas e amosou o seu firme compromiso para preservala e defendela fronte a calquera agresión medioambiental “veña de onde veña”

O equipo de goberno de Ponte Caldelas, encabezado polo seu alcalde Andrés Díaz Sobral, procederon ao izado oficial da primeira bandeira azul concedia a unha praia fluvial en España polo organismo europeo ADEAC e que ondeará na Calzada como recoñecemento colectivo ao coidado medioambiental, calidade e pureza das súas augas.

A preguntas dos xornalistas, o alcalde Andrés Díaz manifestou que "o izado oficial desta bandeira azul é un fito histórico e un logro colectivo de tódolos veciños e veciñas de Ponte Caldelas que ven a refrendar a alta concienciación cidadá existente no noso pobo na defensa dos valores medioambientais que representa o río Verdugo. Tamén quero agradecer o traballo dos funcionarios e dos responsables políticos da tramitación do expediente que fixeron posible a súa consecución".

O alcalde sinalou tamén o seu firme compromiso coa sostenibilidade deste galardón ao longo da súa lexislatura e indicou que "co izado desta bandeira azul tamén simbolizamos o noso compromiso por preservala como sinal inequívoco de respecto polo medio ambiente. Temos a firme decisión de defender a praia fluvial e o río Verdugo contra calquera agresión veña de onde veña".

Díaz Sobral lembrou que Sanidade fará unha análise aleatorio e por sorpresa das augas do río Verdugo para verificar en todo momento a súa excelencia e idoneidade para o baño polo que "estaremos moi atentos e vixiantes para que non suceda nada fora do normal que poida poñer en risco a seguridade de nenos, bañistas e persoas que utilicen a zona de baño da Calzada. Haberá tolerancia cero con calquera mínima agresión que poida sufrir a nosa praia e o noso río", concluíu taxantemente o alcalde de Ponte Caldelas.

Finalmente, os membros do equipo de goberno departiron cos tres socorristas que comezan hoxe os seus labores na praia fluvial organizando un modelo de traballo e horario a través do cal se garantirá a presenza continua de, alomenos dous vixiantes ao mesmo tempo na zona de baño.

LIMPEZA CONTINUA NOS ASEOS E AUMENTO DA SEGURIDADE

Tamén se inspeccionaron os últimos retoques na caseta de socorro habilitada xunto ao chiringuito, os xogos de praia, os baños, así como as medidas de seguridade e de advertencia aos bañistas sobre as normas que deben seguir para evitar calquera incidente. Ademais se revisou a instalación de medidores de profundidade en varios lugares da praia para que sirvan de referencia aos bañista á hora de introducirse na auga.

A aposta pola hixiene na praia de A Calzada terá un tratamento especial no referente aos aseos postos á disposición do público en xeral e ubicados xunto ao bar-chiringuito da praia. O equipo de goberno habilitou un cuadrante de control para que os aseos sexan limpados de luns a venres, alomenos, dúas veces polas tardes e nas fins de semana, alomenos, 3 veces pola tarde coa intención de extender tamén aos aseos a boa imaxe e servizo que debe presidir o disfrute da praia fluvial da Calzada por parte dos usuarios e visitantes.

Recórdese que a praia fluvial de A Calzada, en Ponte Caldelas, alcanzou a primeira zona balnearia Bandeira Azul do seu tipo en España, de acordo coa decisión feita pública o 14 de maio de 2015 polo xurado internacional concedeu estes premios para a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).

Esta decisión está avalada por toda unha traxectoria marcada polos excelentes resultados dos análises que periodicamente se establecen nas súas augas e polos servizos e infraestruturas dispoñibles para a área de lecer de A Calzada.

A praia fluvial da Calzada é a primeira en España en ter este distintivo o que corrobora que Ponte Caldelas goza dunha calidade excelente en termos de medioambiental, sanitario, turismo e recreativo.

A praia fluvial de A Calzada, en Ponte Caldelas, dispón de maneira ininterrumpida e desde o ano 2001 o cualificativo de "excelente", segundo os resultados da análise practicada polo Programa de Vixilancia en Saúde que realiza en Galicia a Consellería de Sanidade nas áras habilitadas para o disfrute das zonas de baño. Este é outro requisito ineludible para obter a distinción.

El área recreativa da Calzada dispón tamén cancha de volei-praia, tenis de mesa, así como unha amplia variedade de aparatos no parque biosaludable para realizar exercizo rehabilitador, musculación, ximnasia de mantemento, etc.

Además dos enclaves paisaxísticos que ofrece o propio río Verdugo, Ponte Caldelas completa a súa oferta cunha infraestrutura e calidade de servizos que cumpre sobradamente a estricta normativa europea para a concesión da bandeira azul que agora ondea xa de xeito oficial na praia da Calzada.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP