noites na alameda freddy mercuryPretende achegar a boa música ao público en xeral a través da ambientación das terrazas da alameda con audicións de grupos e solistas míticos da historia recente

O Concello de Ponte Caldelas, dentro do seu desexo de poñer en marcha iniciativas para reactivar a actividade económica nos sectores máis representativos do municipio como son o comercial e o hostaleiro, porá en marcha a partir deste venres o programa "Noites na Alameda con..." co fin de dinamizar o consumo nas terrazas existentes nos arredores do parque arborado da vila.

Esta iniciativa pretende atraer público de Ponte Caldelas e arredores ás terrazas da Alameda nestas noites de verán coa intención de que se recupere un lugar para o lecer e a conversa tendo como fío musical os principais éxitos de figuras míticas da música contemporánea a través da megafonía instalada polo Concello.

A primeira destas "Noites na Alameda con..." será o vindeiro venres 3 de xullo, entre as 22 e as 24 horas, e estará protagonizado polo mítico grupo "Queen", liderado por Freddy Mercury. Esta elección faise como un pequeno xesto cara a defensa da igualdade ante a recente celebración do Día Internacional do orgullo LGBT.

A sesión do sábado estará adicada aos inconmensurables "Dire Straits" do inconfundible Mark Knopfler. O horario destas audicións prolongaranse desde as 22 ata as 24 horas co fin de favorecer tamén o descanso das persoas que viven nos arredores coa intención de non perturbar o sono daqueles veciños que así o desexen.

A falta de orzamento fai que o equipo de goberno teña que inxeniar medidas promocionais que tenten atraer público á vila para dinamizar a economía da hostalería local a través de iniciativas novidosas que irán ampliándose a medida que se vaian cumprindo obxectivos. Non se descarta que, si esta actividade ten éxito e demanda, se lle dea cabida á actuacións de grupos amateurs dos chamados "Tributo" para completar este proxecto dinamizador das noites dos venres e os sábados na Alameda de Ponte Caldelas.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP