×

Aviso

Fallo ao cargar o ficheiro XML

PRIMEIRA.- O DESFILE DO CONCURSO DE ENTROIDO DE VERÁN 2019 celebrarase o sábado 15 de xuño de 2019, ás 21:00 horas . A concentración dos participantes será a partir das 19:30 horas no Paseo Manuel Cordo Boullosa (rúa que conduce á Praia Fluvial de A Calzada). O recorrido a levar a cabo será o seguinte: saída dende o Paseo Manuel Cordo Boullosa, incorporación á Rúa da Ponte, xirando por Avenida de Vigo, Rúa Marín e rematando na Alameda de Ponte Caldelas. A reunión do Xurado e a entrega de premios levarase a cabo a continuación no Centro Cultural da vila.

SEGUNDA.- Poderán participar tódolos que se inscriban nunha das seguintes categorías:

  • Comparsas.- terán como mínimo 15 participantes e poderán ir acompañadas de carroza, xulgándose nesta categoría que a música sexa en directo realizada con instrumentos musicais e interpretarán as súas composicións e pasarrúas de Entroido. Terán que gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Dentro da categoría de comparsas ábrese un apartado especial para as compostas por nenos/as na súa totalidade (aínda que poidan estar acompañados por pais/nais) e concursarán dentro da categoría de Comparsas infantís.

  • Grupos.- terán como mínimo 5 participantes e poderán ir acompañados de carroza. Terán que gardar unha unidade temática.

  • Individual/Parellas.- valorarase a aqueles disfraces que se presenten de maneira individual ou parellas.

  • Concurso Drag Queen/King.- neste concurso poderá participar calquera home ou muller maior de 18 anos vestido de muller/home. O xurado valorará vestiario, maquillaxe, posta en escena e interpretación, naturalidade es estilo e orixinalidade. Deberán de levar a cabo o mesmo recorrido que o resto dos participantes.

  • Premio mellor disfraz do público.- este premio vai dirixido a valorar os disfraces do público que acuda ó evento. Serán motivo de valoración por parte do xurado nos mesmos aspectos que o resto dos participantes no desfile.

TERCEIRA.- Inscricións: as solicitudes de inscrición presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ponte Caldelas (en horario de 9 a 14:00 horas) en impreso normalizado facilitado a tal efecto (estará a disposición en www.pontecaldelas.org) con data límite de xoves 13 de xuño de 2019. Tamén se poderán remitir vía Fax. ó 986750020 e pola sede electrónica da Concello pontecaldelas.sedelectronica.es.

A organización resérvase o dereito de decretar o peche admisión de solicitudes antes desta data no caso de que a cantidade das mesmas sexa superior á capacidade máxima admisible polas características do recorrido.

En caso de suspensión da celebración do Desfile, e no suposto de que se leve a cabo un traslado de data o novo prazo de inscrición abranguerá ata as 14:00 horas do último día hábil anterior non sábado á nova data de celebración, manténdose o mesmo procedemento de solicitude.

CUARTA.- Xurado: o Xurado estará composto polos seguintes membros:

  • Presidente: D. Enrique Vidal Tellado, Tenente de Alcalde do Concello de Ponte Caldelas ou persoa en quen delegue.

  • Secretario: Dna. María Martín Regueira, Dinamizadora Cultural do Concello de Ponte Caldelas ou persoa en quen delegue.

  • Vogais: cinco persoas elixidas entre o público asistente ó desfile e persoal colaborador coa organización.

Á hora de conceder os premios valoraranse aspectos como a orixinalidade, vestiario, calidade musical, capacidade de representación, ... así como o desenfado e ánimo de Entroido ó longo de todo o percorrido.

As decisións do Xurado son inapelables e se o considera oportuno pode deixar algún premio deserto tendo en ambos casos liberdade de criterio.

QUINTA.- Premios: establécense os seguintes.-

 

COMPARSAS

 

1º PREMIO

300,00 €

2º PREMIO

200,00 €

3º PREMIO

100,00 €

GRUPOS

 

1º PREMIO

300, 00 €

2º PREMIO

275,00 €

3º PREMIO

250,00 €

4º PREMIO

200,00 €

5º PREMIO

150, 00 €

INDIVIDUAL PARELLAS

 

1º PREMIO

120, 00 €

2º PREMIO

100, 00 €

3º PREMIO

50, 00 €

INFANTIL

 

ÚNICO

100,00 €

DRAG QUEEN

 

1º PREMIO

150, 00 €

2º PREMIO

100, 00 €

3º PREMIO

50, 00 €

PÚBLICO

   

ÚNICO

75, 00 €

 

 

 

Os premios serán pagados no Concello de Ponte Caldelas previa solicitude de pagamento asinada polo premiado ou representante da comparsa ou grupo.

A percepción dos importes correspondentes estará suxeita ás retencións e impostos contemplados na lexislación vixente.

SEXTA.- Desfile: a orde de desfile será asignada pola organización do evento e comunicada ós participantes no momento de chegada á concentración. Da mesma maneira, o persoal da organización e o xurado do concurso quedan facultados para excluír do desfile ou cambiar o seu posto na orde a calquera elemento das comparsas que se considere perigoso co obxecto de garantir a seguridade dos demais participantes e do público asistente antes, durante e ó final do evento. Queda prohibido a utilización de elementos como pirotecnia, lume,... ou calquera outro material ou elemento do desfile que incida na seguridade dos participantes ou do público

SÉTIMA.- O Presidente do Xurado queda facultado para resolver as posibles eventualidades ou controversias que poidan xurdir e non previstas nestas bases.

OITAVA.- O Presidente do Xurado resérvase a facultade de suspensión do desfile por causas debidamente motivadas sen que de lugar a ningún tipo de indemnización por parte dos participantes.

NOVENA.- A participación no concurso exime á organización de calquera responsabilidade relativa ós danos que as persoas, vehículos e calquera outro elemento que se empregue no mesmo poida sufrir ou ocasionar durante a celebración do mesmo.

DÉCIMA.- A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases.

UNDÉCIMA.- As presentes BASES serán expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Ponte Caldelas, na web www.pontecaldelas.org, na sede electrónica municipal e publicadas no Boletín Oficial da Provincia.

Visto o expediente arriba reseñado e en virtude do Artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e do Decreto da Alcaldía de 15 de xuño de 2015:

A Xunta de Goberno Local ACORDA A SÚA APROBACIÓN por UNANIMIDADE dos Concelleiros/as asistentes.

 

 

O Alcalde,

Asdo.: Andrés Díaz Sobral

 

Descargar

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

FOGUEIRAS
DE SAN XOÁN
E SAN PEDRO
2019

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Ponte Caldelas

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP