Camin palla 9

Os artistas interesados en colaborar poden poñerse en contacto co Concello de Ponte Caldelas

 

O Concello de Ponte Caldelas decidiu organizar un festival musical solidario co obxectivo de seguir recadando fondos cos que alimentar a conta para atender aos damnificados polos incendios do “domingo negro”,  que asolaron o municipio ao afectar a 25 dos seus 33 núcleos de poboación.

O Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) xa conta coa colaboración dunha orquestra que actuará gratuítamente e se anunciará no seu momento. Ao mesmo tempo está mantendo contactos con algúns artistas. Os grupos ou cantantes que estean interesados en actuar, de xeito altruísta, poden poñerse en contacto co Concello nos próximos días ata o peche do cartel definitivo.

O alcalde, Andrés Díaz, adianta  que o festival celebrarase, en función dos detalles de organización nunha data que estará entre os meses de novembro ou decembro. Será nas instalacións da discoteca Mica (antiga Reyvi) e os asistentes terán que pagar unha entrada solidaria. Toda a recadación irá a parar á conta que Cáritas, en colaboración co Concello ten aberta no Banco Pastor co número ES98 0238 8290 7107 0061 5659. Volve lembrarse que todas as doazóns que se fagan deben incluír o concepto “Incendios”.

Trátase dunha iniciativa solidaria máis que se suma ao mercadiño que este mesmo sábado, día 28, vaise celebrar no Pabillón Municipal coa organización da Asociación de Veciños de Pazos de Borbén. Nese mercadiño incorporarase tamén o material recadado por esta asociación e tamén parte do material doado ao propio Concello nos últimos días, unha vez que xa  están atendidas  todas as necesidades de roupa e comida das dúas familias realoxadas e persoas máis afectadas.

O Concello, coa intención de coordinar ao máximo  a axuda e optimizar todos os recursos, invita a todas as familias e veciños que puideran ter sufrido perdas importantes durante os incendios e que necesiten roupa a que se poñan en contacto para facilitárllela de xeito gratuíto o venres pola tarde, durante a montaxe do mercadiño. Para elo só teñen que chamar ao teléfono 986 767235 e dar os seus datos previamente.

Paralelamente, o Concello está asignando tamén un grupo de voluntarios para reforzar a atención ao público neste mercadiño, pois os membros da Asociación de Veciños de Pazos están a  recibir moitas chamadas e temen quedar desbordados.

 

 

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP