IMG 3334

O Concello calcula nun mínimo de 30.000 persoas a participación nos actos e eventos celebrados nos últimos cinco días

 

O Concello de Ponte Caldelas fixo hoxe balanzo das Festas das Dores, que durante os últimos 5 días encheron o centro urbano non só de actividade, senón dun público moi numeroso que, en varias ocasións, ateigou os espazos nos que se celebraban os diferentes actos do programa festivo.

O Goberno local, formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, está moi satisfeito dos resultados destas festas, nas que participaron, en base a un cálculo moi conservador, un mínimo de 30.000 persoas.  Un programa que tivo como principal fito o concerto do Combo Dominicano, no que se produciu unha afluencia masiva, bastante por enriba das 5.000 persoas, ate o punto de que xa non cabía máis xente na Alameda e espazos próximos.

O alcalde, Andrés Díaz, agradeceu o esforzo de todos os traballadores municipais, das  empresas colaboradoras, das orquestras, das autoridades civís, militares e relixiosas que participaron nos distintos actos e, sobre todo, de todos os veciños e veciñas de Ponte Caldelas que fan das Festas das Dores a referencia que son en toda a bisbarra. “Sempre hai cousas que mellorar, porque é imposible que todo saia ben ao 100%, e nós somos un goberno humilde que presta atención aos fallos coa intención de que non se repitan, pero creo que tamén temos motivos para estar moi contentos”.

O impacto sobre a hostalería local deixouse notar especialmente, pois durante estes días foi complicado atopar lugar onde cear en Ponte Caldelas. A capacidade dos bares e restaurantes resultou desbordada en varios días e, moi especialmente, durante o domingo.

As Festas das Dores botaron a andar o venres coa proposta musical máis dirixida ao público novo. O Caldelas Xoven, cun cartel co Dr. Bellido como cabeceira, foi todo un éxito e prolongouse ata ben entrada a madrugada, rematando cun canón de escuma, que fixo as  delicias dos asistentes.

O sábado, rexistrouse outra vez unha gran afluencia na verbena, coa orquestra Televisión como reclamo. Foi un día de moita xente, pois pola tarde a procesión do Sagrado Corazón xa  sacou á rúa a centos de persoas. Ao tempo, o Festival Folclórico, a cargo da banda de gaitas Os Coribantes, un grupo vasco e outro rioxano, completaron un día moi completo.

O domingo a chegada do Combo Dominicano revolucionou Ponte Caldelas,  ata o punto de que aparcar, a pesar de todos os estacionamentos gratuítos dispoñibles (Calzada, Concello, Chan da Barcia e Froiz), converteuse nunha manobra complicada. A Alameda de Ponte Caldelas rexistrou a maior presencia de público dos últimos anos, pois non quedaba un só oco dispoñible diante da chegada de xente de moitos puntos de Galicia.

O luns, o ambiente estivo asegurado polo festival Son de Caldelas,  a cargo dos diferentes grupos musicais locais, a cea da peña Festeiros na propia Alameda e, finalmente, a verbena coa orquestra Miramar.

Onte martes, o centro urbano encheuse para a procesión de San Roque, que contou coa banda da Brilat e a banda de gaitas Os Coribantes. Ao seu remate ofreceron un pequeno concerto conxunto.

O remate final chegou coa verbena de 9 horas de música interrompida. Comezou ás 23.00 horas e rematou, como manda a tradición, ás 8 da mañá. As horas de maior afluencia foron a partir das 3 da mañá. Ás 4 boa parte dos bares e restaurantes comezaron a servir o tradicional chocolate con churros para os máis larpeiros. Non obstante, este costume está ser desprazado polo caldo galego, que gaña adeptos a pasos  axigantados.

A todo elo cómpre engadir as sesións vermú a última hora de mañá, na propia Alameda, acompañadas polo concerto das cinco bandas de música invitadas este ano. Todas elas (agás a do martes,  suspendida pola choiva) resultaron moi concorridas, pero con especial afluencia nas xornadas do domingo e o luns.

Hoxe, mércores, tralo remate das Festas, as atraccións instaladas en Ponte Caldelas ofrecen viaxes a prezos reducidos a partir das 17.00 horas. E, con isto, remata unha intensa programación que volverá o ano próximo. 

 

 

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP