QUINTAS

Manuel Quintas Ventín, recibe tamén o recoñecemento do Concello coa instalación dunha placa na porta da Casa da Capilleira

Non é común que a veciñanza de todo un barrio homenaxee a alguén en vida e sen que haxa ningunha efeméride ou acto social por medio. Pero onte sucedeu en Chaín, onde todo o pobo xuntouse para recoñecer a traxectoria vital de Manuel Quintas Ventín (“O Quintas”), alcalde de barrio nos anos 50 e un dos máis célebres canteiros do municipio.

Ao acto, en representación de todo o Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) asistiron o alcalde, Andrés Díaz, e o concelleiro Enrique Vidal, que foron os encargados, de loar a súa figura e de descubrir unha placa conmemorativa na entrada da súa casa. Alí, xunto á cancela coroada polas siglas en forxa do homenaxeado, pode lerse tamén agora  o recoñecemento institucional a un home que deixou a súa pegada na historia do concello.

“O Quintas”, que ven de cumprir 93 anos o pasado mes de marzo, quedou viúvo hai tempo, e ten unha filla, unha neta e unha bisneta. Como alcalde de barrio correspóndelle o mérito de  ter construído o acceso orixinario a Chaín, que antes era unha simple corredoira. Unha obra feita polos propios veciños, a pico e pala, como lembraron os máis vellos do lugar. “Era moi habilidoso e foi enganando a uns e outros”, comentaron, “porque a xente non quería dar os terreos e mentres a un lle dicía que o outro xa cedera ao outro dicíalle o mesmo”.

Todo o mundo coincidiu en que era un home moi traballador e que exercía o seu cargo de alcalde de barrio con autoridade, obrigando a xente a ter as casas coidadas e as fincas limpas. Contan que cada vez que acudía a un traballo ou a visitar a alguén levaba unha fouce e ía limpando as herbas polo camiño.

A el débese mesmo o rebautizo do camiño onde vive, que antes era a Costa da Capela e que pasou a chamarse Camiño da Paz. Alí mesmo, co seu talento de artista, levantou un peto de ánimas dedicado á Sagrada Familia aproveitando a espectacular lousa do altar da antiga capela de Chaín, unha pedra de muíño, a columna dunha viña e outros restos que foi atopando. A obra adquiriu entidade que a súa vivenda é coñecida como a Casa da Capilleira.

O barrio de Chaín mesmo editou un folleto no que se recolle a vida do “Quintas” e o seu legado. Así todos poden agora  saber que ás súas mans expertas débese a construción ou restauración de sete cruceiros situados na Carqueixiña (o camiño que unía Regodobargo coa Insua), o da Perciña (Chaín), os da Porta e do Eido (ámbolos dous en Chaín), o de Cotiño (A Insua), o do cruce de Chaín coa Insua e os das Laxes e do Camiño (ámbolos dous en Silvoso). Non só iso pois é o autor das fontes da Taberna (Chaín), do Muíño das Laxas (Silvoso) e a fonte do Val do Cruceiro, tamén en Chaín. A práctica totalidade destas pezas, que hoxe forman parte da etnografía de Ponte Caldelas, datan dende os anos 90 ata hai ben pouco.

Ao longo da súa vida profesional foi xornaleiro para os terratenentes da época, ata que sufriu un accidente polo que perdeu un ollo. Aprendeu o oficio de canteiro e, ao seu traballo débense boa parte dos muros que pechan leiras en As Eiras e Regodobargo e moitos dos mellores pozos da zona. Rematou de gardamontes e de garda  da fábrica de fariña de peixe de Ponte Sampaio. A día de hoxe, e coa súa idade, continúa moi activo e non é estraño velo traballar.

Iso si, cando lle chaman “Quintas”, algo que sucede a todas horas, non se dá por aludido. E resposta un tanto seco: “Chámome Manuel!”

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP