CLASICOS2017

Os vehículos estarán toda a tarde na Alameda, pero tamén farán un percorrido por A Roca, Chaín, Barbudo e Coveliño

 

A parroquia da Insua será este ano o destino da ruta da Concentración de Coches Clásicos de Ponte Caldelas que o municipio acolle este domingo, día 23. Será un auténtico museo rodante no que terán un protagonismo moi especial os clásicos dos 60 e dos 70.

O programa arranca ás 9.45 horas coa concentración na Alameda de Ponte Caldelas. Ata alí chegarán uns 60 vehículos chegados dende toda Galicia. Estará tamén un autobús de liña histórico, propiedade da empresa Cuiña, e un camión Bedford, de finais dos anos 50, da empresa Norte Sur.

Ás 11.15 horas saíran en caravana rumbo aos núcleos de A Roca, A Insua, Chaín, Barbudo e Coveliño, onde farán sucesivas paradas. Á volta, sobre  as 12.30 horas, quedarán concentrados no campo da festa da Insua para participar na sesión vermú xunto coa veciñanza, que celebra as súas festas.

A volta para a Alameda de Ponte Caldelas comezará ás 14.15 horas, onde quedarán concentrados ata a noite. Ao longo da tarde celebrarase a comida dos participantes na carpa habilitada no propio lugar e a atención ao público que se achegue para gozar da exposición.

A actividade é froito da colaboración entre o Concello de Ponte Caldelas e os Amigos dos Vehículos Antigos (AVA), asociación fundada en 1984. Unha agrupación cun centenar de socios e que organiza unha media de catro actividades deste tipo ao longo do ano, a máis coñecida delas, a Ruta da Lanzada.

O alcalde, Andrés Díaz, e o presidente de AVA, Cristóbal Rivas, ultimaron todos os detalles nunha xuntanza na Casa do Concello. O Goberno local caldelán, integrado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, aposta por esta concentración, sempre no verán, e procura levala por distintos lugares do municipio. Así, o ano pasado, correspondeulle a Anceu.

Na xuntanza tamén se falou do apoio por parte do Concello aos propietarios de vehículos clásicos e históricos, como quedou acreditado coa retirada  da obriga de pagar o Imposto de Vehículos para os propietarios dos coches de máis de 25 anos, aprobada co orzamento municipal deste ano.

 

 

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP