vilarchanpintado

Os interiores foron pintados de verde e amarelo, despois dun tratamento para eliminar os “desconchóns” e as humidades

Os veciños de Vilarchán xa poden gozar do novo aspecto que presenta o primeiro andar da Casa do Pobo. O Concello rematou as obras de reparación e optou por darlle un novo e máis lucido aspecto coas cores da bandeira de Brasil.

O alcalde, Andrés Díaz, e o concelleiro Manuel Barreiro, en nome de todo o Goberno local, formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, visitaron unhas obras desenvolvidas durante os últimos días, a resultas  da petición formulada polos veciños.

O traballo consistiu no raspado de todas as partes deterioradas, onde a pintura tiña saltado, así como tratar algunhas humidades. Despois da aplicación dun emplastecido pintáronse as paredes e o teito, cun resultado visual moi agradable.

O Concello aceptou as suxestións para pintar dunha cor distinta ao branco, que quedou reservado ao teito. Deste xeito, en homenaxe aos moitos emigrantes a Brasil que hai nesta parroquia, decidiuse por pintar en cores verde e amarela.

As Casas do Pobo, que son un sinal moi distintivo de Ponte Caldelas, están sendo obxecto de melloras dende o comezo deste mandato para mantelas en perfectas condicións. Unha parte da actividade municipal, como sucede ao longo deste mes de maio coas degustacións previas á Festa da Troita, transcorre nestas instalacións, verdadeiros epicentros da vida social dos diferentes núcleos e parroquias.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP