soltatroitas

Na solta participaron alumnos do colexio Manuel Cordo Boullosa

 

Troitas autóctonas do río Verdugo volveron hoxe ao propio río despois de seren capturadas polos técnicos da Consellería de Medio Ambiente nas limpezas periódicas que realizan nos diferentes treitos desta importante arteria fluvial.

Os alumnos do colexio Manuel Cordo Boullosa participaron nunha das  soltas do día, nas que, en total, se liberaron uns 200 peixes dun bo tamaño

, moitos deles de máis dun Kg. Os rapaces de Terceiro de Primaria foron os encargados na quenda das  11 horas, xusto debaixo da Praia da Calzada, e empregáronse a fondo para apañar as troitas e mantelas uns segundos nas mans antes de devolvelas á auga.

 

O alcalde, Andrés Díaz, e o concelleiro Manuel Barreiro, director do colexio, estiveron presentes nunha actividade encadrada dentro das actividades escolares. Os rapaces chegaron e marcharon camiñando, nunha excursión polo renovado paseo da Calzada que loce un aspecto moi mellorado despois das obras executadas polo Goberno local. O presidente da Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo, Lino Mariño, tamén quixo participar desta festa da Natureza.

O persoal da Consellería de Medio Ambiente destacou que nesta xornada utilizáronse troitas autóctonas do propio río. En anos anteriores téñense soltado ata 1.000 alevíns procedentes de piscifactoría, pero hoxe foron exemplares adultos e perfectamente adaptados ás condicións destas augas. Os técnicos subliñaron que o nivel de supervivencia é practicamente total nestas condicións e tamén garántese unha maior capacidade reprodutora.

Con esta actividade, danse por repoboados varios treitos do río unha semana antes da Festa da Troita, que inclúe un concurso internacional de pesca con gran sona en toda Galicia. O peixe foi liberado na zona dedicada á captura sen morte, é dicir, con obriga de devolver as pezas que piquen ao río.

Os exemplares de troita chegaron nunha furgoneta pick-up especialmente adaptada para levar un colector de auga e con todos os utensilios necesarios. Os técnicos foron os encargados de asesorar aos rapaces no procedemento da solta, aínda que, como é habitual, houbo dificultades para manter as escorregadizas pezas na man.

Os nenos, previamente á solta e acompañados polos seus profesores, recibiron unha completa explicación por parte dos técnicos de Medio Ambiente tanto sobre a vida no medio natural, como a cría e as actividades de repoboación.

 

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP