carrilbici

O Goberno local reforma o paseo máis representativo da vila, corrixindo o seu abandono, e combinando estética con seguridade viaria

Ponte Caldelas estrea esta ponte festiva o seu primeiro carril-bici, unha vía vermella de case un quilómetro de lonxitude para unir o centro urbano coa praia da Calzada. O Goberno local, case ao completo, desprazouse para gozar do que foi cualificado como a guinda final da profunda remodelación realizada do paseo Cordo Boullosa, a carón do río Verdugo.

O alcalde, Andrés Díaz, acompañado de concelleiros do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, aproveitou para percorrer en bicicleta a nova dotación, coa que circulación ciclista queda perfectamente separada dos vehículos. Trátase dun traxecto completamente chan, polo que, ademais de proporcionar un acceso inmellorable á praia fluvial, serve tamén como alternativa de lecer para a veciñanza nunha paisaxe de gran beleza.

O equipo de goberno considera tamén esta obra como un importante avance na seguridade viaria nunha vía pola que circulan numerosos rapaces. Un aspecto no que tamén se incide coa instalación de tres pasos de peóns elevados ao longo do remozado percorrido que vai da ponte ata a praia.

Andrés Díaz subliñou o estado, completamente desastroso, no que o actual Goberno local se atopou o paseo da Calzada, cheo de fochancas e cun asfalto descarnado ou levantado por tramos, que mesmo foi necesario fresar parcialmente para garantir un correcto asentamento da nova capa de rodadura. Grazas ás obras realizadas, cun orzamento moi próximo aos 100.000 euros, o paseo loce un aspecto magnífico e está correctamente sinalizado horizontal e verticalmente, cos espazos para vehículos, bicicletas e peóns perfectamente separados.

O carril-bici foi posible grazas á ampliación de sección nas zonas máis estreitas. O Concello contou coa colaboración dos propietarios, aos que compensou construíndolle novos muros de contención. Ademais de todo elo, procedeuse á reparación das beirarrúas, que presentaban danos moi visibles, así como á retirada de bordos agresivos de pedra e á reparación completa da rede de iluminación, dotándoo de lámpadas con tecnoloxía led.

Andrés Díaz afirma que ponse así fin ao vergoñento estado en que se atopaba un paseo que é un dos emblemas do municipio, ao constituír o acceso á única praia fluvial de toda España con bandeira azul. Un abandono que cualificou como incomprensible e ben representativo da “herdanza” que deixou o anterior Goberno municipal do PP.

Por outra banda, o Goberno local está a rematar  os trámites para a adxudicación da explotación do bar-kiosko da praia da Calzada. Despois de ter recibido varias ofertas están a estudarse as condicións ofrecidas para garantir o mellor servizo por un período de catro anos. Quedará tamén, deste xeito solucionada, outra das eivas de xestión coas que se atopou o novo Goberno municipal, pois a instalación estaba explotada en precario e mesmo houbo que adxudicala provisionalmente o pasado verán por mor da renuncia da súa anterior concesionaria.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP