ff762ea2 66f3 4c71 a1cb 3277e75bf49f

Coa actuación na pista de Buchabade a San Vicente dá comezo un traballo que mellorará unha decena de viais por todo o municipio

A pista municipal que une os lugares de Buchabade e San Vicente está sendo obxecto dunha reparación de urxencia para paliar os efectos dos temporais. As fochancas, agravadas polas choivas torrenciais dos dous últimos anos, quedaron cubertas grazas aos traballos de reparación acometidos estes días polo Concello de Ponte Caldelas.

O Goberno municipal, integrado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, vai poñer en marcha un programa de reparacións nunha decena de viais municipais na medida das súas posibilidades económicas. Ao carecer da mesma colaboración económica da que dispoñen outros concellos por parte da Xunta de Galicia, unha parte deles serán obxecto dun asfaltado integral e, no resto, cubriranse os buratos que teñen aparecido no firme.

O alcalde, Andrés Díaz, lamenta a discrecionalidade da Xunta de Galicia á hora de repartir axudas regradas para emerxencias e asinar convenios cos concellos para a reparación de pistas municipais. Lamentablemente, explicou, estes fondos europeos, que manexan as consellerías de Infraestruturas, Medio Rural e Presidencia, repártense dun xeito totalmente partidista e discrecional. Así é habitual ver este tipo de actuacións en concellos gobernados polo Partido Popular, mentres que ao resto se lles nega todo tipo de colaboración. Unha discriminación que mesmo chegou o ano pasado a manipular a listaxe de concellos incluídos no Plan de Emerxencias, de onde foron retirados tres concellos que tiñan acreditado danos polos temporais (entre eles Ponte Caldelas), para seren substituídos por outros tres que nin sequera tiñan solicitado axuda ningunha.

A estrada de Buchabade a San Vicente estaba case intransitable con numerosos buratos que se tiñan incrementado por mor das últimas choivas. Ademais  dela vaise actuar tamén nas de A Roca de Arriba, Avecil, Anceu-Barbudo, Barbudo-encoro de As Eiras, A Sorreira, Portasouto, Coveliño, Rebordelo-A Saúde e, finalmente, a metade que queda por asfaltar da pista de Barbudo a Chaín, despois da primeira fase acometida o ano pasado. Só esta última disporá de fondos externos, xa que está previsto volver incluíla no Plan Marco, que conta cun financiamento mixto de varias institucións.

Por tanto, o Concello volverá facer fronte a un amplo calendario de obras nas pistas municipais unicamente cos seus propios medios, toda vez que non pode contar coa axuda dunha Xunta de Galicia que canaliza partidistamente os fondos de emerxencias para tirar rendemento político, en lugar de atender ás necesidades obxectivas.

O Concello de Ponte Caldelas xa ten reparado os danos producidos polos últimos temporais sobre a rede do alumeado público e retirado boa parte dos centos de árbores que caeron pola forza do vento. Non así, unha gran árbore que se derrubou contra a ponte do río Verdugo, en pleno centro urbano, e que, polo tanto, é competencia de Augas de Galicia. A pesar de que a incidencia foi comunicada ao instante tiveron que ser os operarios municipais os que retiraran as ramas máis perigosas. Unha queixa que se suma ás que o Concello vén reiterando nos últimos anos pola falta total de limpeza e retirada de obstáculos do leito do río por parte do organismo público galego.

Finalmente, o Concello colaborou cos veciños máis necesitados na reparación dos danos producidos nas súas vivendas, especialmente nos tellados, unha colaboración que, legalmente, só é posible acometer como emerxencia social, é dicir, nos casos nos que está acreditada a insuficiencia de recursos.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP