DSC 0003 copiaAndrés Díaz solicitoulle ao director da cárcere unha maior vixianza sobre a EDAR do centro penitenciario para evitar aportes contaminantes que poñan en perigo a Bandeira Azul da praia fluvial de A Calzada. O responsable do centro confírmalle ao alcalde de Ponte Caldelas que en breve farase un investimento de 50.000 euros na depuradora para mellora-lo seu funcionamento. Os reclusos colaborarán nos labores de limpeza e posta en valor do Camiño dos Arrieros e a Área Arqueolóxica de Tourón.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, e o director do centro penitenciario de A Lama, reuníronse na mañá de hoxe coa intención de reeditar o convenio de colaboración entre ámbalas dúas institucións e favorecer a posta en marcha de proxectos de reinserción social.

Asemade, o rexedor de Ponte Caldelas trasladoulle ao director do cárcere a preocupación existente no Concello por tomar tódalas medidas preventivas precisas para evitar calquera daño involuntario ás augas do río Verdugo co fin de manter na praia fluvial da Calzada a primeira Bandeira Azul de España nunha zona de baño destas características.

Pola súa banda o director do centro penitenciario confirmoulle ao alcalde Andrés Díaz a decisión do Ministerio de investir uns 50.000 euros na modernización e mellora da EDAR existente na prisión coa intención de reforzar os sistemas de seguridade para impedir que se poida producir ningún incidente medioambiental neste sentido.

Nun excelente clima de colaboración institucional, tanto o alcalde como o director do centro penitenciario salientaron o desexo de seguir profundizando no convenio que favorece a posta en marcha de programas de reinserción social no que poden participar internos deste penal e así, confirmaron que nos vindeiros días presos, acompañados por personal municipal e de Institucións Penitenciarias realizarán labores de desbroce en diversos tramos da Ruta do Camiño dos Arrieiros, que transcorre por todo o municipio, desde a parroquia de Forzáns ata Pontevedra, así como unha serie de sendeiros a determinar.

Outra das actividades nas que participarán os internos é na limpeza e adecuación dos sendeiros que dan servizo aos distintos conxuntos rupestres da Área Arqueolóxica de Tourón. A actuación dos reclusos é decisiva para garantir a accesibilidade e posta en valor dos petroglifos existentes na zona.

Este convenio de colaboración entre ámbalas dúas institucións pretende da-la oportunidade aos internos de profundizar na súa reinserción social e laboral ao tempo que eles contribúen co seu traballo a conservar e poñer en valor elementos de interese xeral.

Así, dous días á semana os internos serán recollidos por persoal municipal a primeira hora da mañá e serán provistos de material de protección laboral así como desbrozadores para proceder de maneira adecuada a realiza-los traballos de limpeza nas rutas de sendeirismo que atravesan o municipio.

Os internos, que participan voluntariamente neste proxecto, valoran moi positivamente a iniciativa que contribúe a romper coa súa rutina diaria ao tempo que lles permite sentírense útiles para a sociedade no seu camiño cara á reinserción.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP