IMG 4549Unha inspección realizada por sorpresa por responsables da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) ratifica para o ano que ven o mantemento da Bandeira Azul para a praia fluvial de A Calzada, en Ponte Caldelas, primeira que otorga o organismo de calidade europeo a unha zona de baño destas características en todo o Estado Español, ao superar o exame coa máxima nota "positiva e con felicitacións", segundo confirmou o vicepresidente primeiro de ADEAC o español José Palacios.

Os inspectores realizaron unha comprobación ocular e en persoa de todas e cada unha das instalacións obrigatorias para manter o distintivo da Bandeira Azul e tamén o nivel de excelencia da auga da zona de baño. A única recomendación realizada polos técnicos foi que se colocara un espello nos servizos adaptados para minusválidos a unha altura máis axeitada para que os usuarios tiveran máis facilidade á hora de utilizalo e estudiar a posibilidade de instalar unha grúa que posibilite o descenso dunha cadeira de rodas ata a zona de baño que será estudiado de inmediato polos técnicos municipais coa intención de implementar esa ou outra solución para o vindeiro verán.

Palacios felicitou ao equipo de goberno e aos técnicos municipais polo grao de cumprimento dos stándares que obriga a concesión da Bandeira Azul e sinalou que "calquera praia fluvial en España que queira obter este distintivo de calidade e queira saber qué ten que facer, ímoslle poñer como exemplo a seguir a praia da Calzada en Ponte Caldelas porque cumpre escrupulosamente con tódolos nosos parámetros de calidade medioambiental e de servizos", manifestou un dos máis altos responsables da ADEAC.

Por outra banda, o vicepresidente primeiro de ADEAC deu a luz verde a creación dunha ruta de sendeirismo azul que teña como epicentro a praia fluvial de A Calzada que será convenientemente adaptado e acondicionado polo Concello de Ponte Caldelas para cumprir cos condicionantes máis exixentes dos responsables de conceder a Bandeira Azul. "Agora xa os cumpriría, pero desde o Concello queren facer as cousas ben, e as están facendo, e queren mellorar aínda o sendeiro para que realmente sexa azul e, desde logo, van contar coa nosa colaboración para que así sexa", dixo Palacios quen insistiu na necesidade de vixiar pola calidade das augas do río Verdugo e evitar calquera agresión ou verquido que poida poñer en perigo a salubridade destas augas para o baño. "Desde logo as augas dun río como este son máis sensibles a calquera proceso de contaminación e desde logo as praias fluviais son máis vulnerables que as marinas polo que temos que estar especialmente atentos para evitar calquera daño que se poida producir", indicou José Palacios.

Finalmente, os responsables do Concello conseguiron a autorización da ADEAC para colocar indicacións e sinalética axeitada polas estradas de Soutomaior e Pontevedra, con destino a Ponte Caldelas, para indicar axeitadamente e lucindo o logotipo da Bandeira Azul para orientar aos visitantes cara á praia fluvial de A Calzada.

O equipo de goberno que encabeza Andrés Díaz Sobral manifestou a súa satisfacción por ter pasado esta inspección por sorpresa e porque deste xeito a ADEAC ratifica a continuidade para a vindeira temporada do distintivo de calidade da Bandeira Azul na praia fluvial de Ponte Caldelas. "Esta é unha excelente noticia para os veciños e veciñas do noso concello así como para os establecementos comerciais e hosteleiros xa que na promoción de Ponte Caldelas como destino turístico de calidade en toda España pola continuidade da Bandeira Azul será un motivo máis para dinamizar a actividade económica así como un recoñecemento ao esforzo colectivo do noso pobo en promocionar e defender o río Verdugo como elemento vertebrador da concienciación cidadá apról do medio ambiente", sinalou Andrés Díaz.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP