Actuará o grupo "Champurrada Pop Rock" e contará coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas
Os establecementos do entorno da Alameda de Ponte Caldelas organizan un concerto de pop rock para a noite do venres día 18, que terá como protagonista ao grupo pontevedrés "Champurrada". Esta actuación celébrase para dinamizar as noites dos venres na Alameda de Ponte Caldelas e pretende servir de escaparate para os novos grupos emerxentes que están facendo a súa actividade na comarca de Pontevedra ao tempo que se dinamiza a actividade hostaleira no centro da vila.
O concerto comezará ás 21 horas e prolongarase por espazo de dúas horas aproximadamente. O evento conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas que considera unha iniciativa interesante a aposta dos hostaleiros do centro da vila por dinamizar desde o punto de vista cultural, musical e económico o municipio nas noites dos venres de verán.
A intención dos hostaleiros é comprobar a aceptación que este tipo de concertos terá en Ponte Caldelas coa intención de prolongalos durante todo o mes de xullo e tamén agosto.
9°C
Buen Tiempo
Humedad: 87%
Viento: 0 km/h
16°C
8°C
14°C
13°C
PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)
Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.