A reunión celebrouse no Concello e asistiron, ademais do Alcalde Andrés Díaz, o Director de Abanca de Ponte Caldelas, o Director de Abanca de Pontevedra e o Coordinador de Negocios Institucionais. Andrés Díaz solicitou aos bancarios un convenio de servizos e prestacións para os empresarios, emprendedores e comerciantes de Ponte Caldelas a negociar con COEMPO.

Membros do equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas mantiveron un encontro con responsables de Abanca coa intención de manifestarlles o desexo da administración local de manter as contas na entidade crediticia mentres non se efectúe ningún desafiuzamento en todo o municipio.

O alcalde Andrés Díaz Sobral calificou o encontro como moi cordial e positivo e asegurou que a decisión do equipo de goberno é firme e baseado na necesidade de evitar que ningún veciño do municipio sufra a perda da súa vivenda polo que advertiron á entidade crediticia que habilite fórmulas de consenso e busca de solucións que eviten que ninguén se quede sin teito.

Por outra banda, o alcalde solicitou aos representantes da entidade a redacción dun convenio de prestación e servizos para os empresarios, emprendedores, autónomos e comerciantes de Ponte Caldelas co fin de facilitar que o crédito flúa para apoiar tanto o consumo como os investimentos precisos para modernizar e axeitar os establecementos á demanda competitiva dos novos tempos.

Tamén lle solicitou condicións vantaxosas para os TPV (Terminal Punto de Venda) non só para os establecementos que subscriban o acordo como os propios clientes dos comercios adheridos.

Asemade, tamén lles solicitou unha colaboración estable coa asociación de empresarios e comerciantes, COEMPO, coa que ten que negociar de xeito efectivo estes servizos e prestacións bancarias coa intención de lograr unha maior implicación da entidade nas actividades de promoción e dinamización comercial que levan a cabo tanto esta asociación como o propio Concello de Ponte Caldelas.

O alcalde instou aos responsables da entidade bancaria a formalizar unha xuntanza con responsables de COEMPO co fin de avanzar sobre estes temas esbozados e concretar de xeito definitivo un convenio que plasme estes compromisos para impulsar e axudar aos emprendedores, comerciantes, autónomos e empresarios ubicados no municipio de Ponte Caldelas.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP