×

Aviso

Fallo ao cargar o ficheiro XML

MONTSE FAJARDO PRESENTOU O SEU LIBRO, INVISIBLES, EN PONTE CALDELAS

DSC 8649A escritora e xornalista Montse Fajardo presentou en Ponte Caldelas o seu último libro, Invisibles, un traballo no que recolle as testemuñas de sete mulleres vítimas de maltrato. O acto, organizado polo Concello, contou coa presenza do alcalde, Andrés Díaz e da responsable da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, Manela Vilaboy.

Montse Fajardo, que foi presentada pola concelleira Leticia Rocha, fixo un repaso polos casos recollidos no seu libro e participou nun intenso debate co público presente que se prolongou durante máis dunha hora.
Na súa intervención asegurou que só a mala sorte de ter dado cun maltratador explica que unha muller sufra violencia de xénero e rexeitou calquera intento de culpar ás mulleres que, non debemos esquecer nunca, sempre son vítimas nesta situación.
Por outra banda, Ponte Caldelas acolle mañá, sábado, a adaptación teatral desta obra coa presencia da compañía Redrum Teatro. Será a partir das 21.30 horas no salón do colexio Cordo Boullosa en sesión gratuíta. A obra está patrocinada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

SUBSTITUCIÓN E REHABILITACIÓN DE FIESTRAS E PORTA DA CASA DA CULTURA DE PONTE CALDELAS Ó ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA POR PARTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

depologo

O Concello de Ponte Caldelas levou a cabo a substitución e rehabilitación de fiestras e porta da Casa da Cultura de Ponte Caldelas, ó abeiro da subvención concedida por parte da Deputación de Pontevedra para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural do ano 2018.

Ler máis...

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONOU AS ACTUACIÓNS MUSICAIS DA FESTA DAS DORES DO ANO 2018, Ó ABEIRO DA LIÑA 2 DO PLAN CONCELLOS 2018-19

depologo

A Deputación de Pontevedra concedeu subvención de 38.723,55 €, para a colaborar no financiamento das Actuacións Musicais da Festa das Dores do ano 2018; ó abeiro da liña 2. Gasto Corrente Novo do Plan de Obras e Servizos(Plan Concellos) 2018-19

Ler máis...

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

VI BTT TROITA CELEBRARASE O 27 DE OUTUBRO 

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Ponte Caldelas

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP