DSC 0047 copiaOs veciños e veciñas de Vilarchán honraron á Virxe dos Remedios con diferentes actos lúdicos e relixiosos que contaron coa presenza dos concelleiros de AVP, Alfonso Gutiérrez e José Manuel Martínez, así como Manuel Barreiro, do BNG, , en representación do grupo de goberno do Concello de Ponte Caldelas.

A xornada festiva iniciouse ben cedo co pasarrúas a cargo da Banda de Música Cultural de Vilanova de Arousa. Ás once tivo lugar unha misa solemne e ás 13:15 oficiouse a Misa Campestre á que asistiron gran número de feligreses e devotos da Virxe dos Remedios vidos desde moitos lugares non só do concello de Ponte Caldelas senon tamén doutros limítrofes.

Leer más...

DSC 0089 copiaO enfrontamento entre Perfecto Rodríguez e Alfonso Gutiérrez obrigou ao alcalde Andrés Díaz a amoestar ao voceiro do PPdeG e recriminarlle que "non tiña asumido a súa derrota e a cura de humildade que lle infrinxiu a cidadanía cos seus votos". Rodríguez defendeu a súa xestión económica e Díaz lembroulle que o Concello ten unha débeda de un millón de euros e unha factura de 15.000 euros de París de Noia "contratada in extremis e como alcalde en funcións para condicionar o orzamento e a capacidade de xestión do novo equipo de goberno. A celebración da xuntanza da Corporación Municipal ás 20 horas favorece un cheo no Salón de Plenos.

O enfrontamento entre o voceiro do Partido Popular, Perfecto Rodríguez, e o líder de AVP, Alfonso Gutiérrez, marcou o final dun Pleno Ordinario de carácter organizativo celebrado pola Corporación Municipal de Ponte Caldelas no Salón de Plenos, a partir das 20 horas, o que favoreceu a asistencia de público.

Leer más...

DSC 0011Tractores e vehículos agrícolas de Ponte Caldelas e municipios limítrofes foron examinados na Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas instalada durante toda a mañá de hoxe na explanada próxima ao campo de fútbol municipal de Chan da Barcia. Técnicos da empresa concesionaria de Inspección Técnica de Vehículos, Supervisión e Control, adscritos á estación de Ponte Bora, estiveron dende primeira hora da mañá de hoxe procedendo a supervisar o estado de tractores e vehículos agrícolas.

Os procesos de inspección centráronse, fundamentalmente, en comprobar o estado dos freos e da dirección, así como outros puntos vitais na seguridade destas máquinas de uso agropecuario.

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

Festa da Troita 2018 LII

CARTEL VIAJE FIGUERA DA FOZ PORTUGAL

SE BUSCA CARTEL 2018

CONCURSO FOTOGRAFICO 2018

BASES DE REDACCIÓN DE 2018 

plan cultural ponte caldelas año 2018

CARTEL DIA DA MULLER  2018

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver