DSC 0102 copia 2Os alcaldes de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o Cotobade, Jorge Cubela, solicitaránlle á Xunta de Galicia que proceda canto antes a executar o proxecto de mellora da estrada PO-234 que une ámbolos dous concellos a través de Augasantas. Este foi un dos acordos acadados na xuntanza celebrada hoxe entre ámbolos dous rexedores, no Concello de Cotobade, na que tamén se abordaron cuestións relacionadas co impulso da colaboración institucional e da mellora de servizos para os veciños.

Asemade, Díaz e Cubela fixeron especial fincapé durante a xuntanza na necesidade de poñer en marcha esta obra que melloraría de xeito significativo a comunicación viaria entre ámbolos dous concellos e cuxo xa foi redactado pola Consellería de Medio Ambente, Territorio e Infraestruturas na época de Agustín Hernández como máximo responsable deste departamento autonómico.

Ese proxecto contemplaba un orzamento de máis de 2 millóns de euros e prevía o ensache da plataforma do vial ata os 7 metros (2 carrís de 3 metros e arcéns de 50 centímetros), ademais de rectificar varias curvas do trazado actual. Asemade estaba prevista a construción de sendas peonís ou beirarrúas en 3 zonas: na entrada de Augasantas, na travesía de Laxoso e na chegada ao casco urbán de Ponte Caldelas.

Tanto Andrés Díaz como Jorge Cubela son conscientes de que se trata dun investimento moi importante pola súa cuantía, pero tamén polos beneficios que reportará á comunicación por estrada entre Ponte Caldelas e Augasantas-Carballedo polo que insistirán ante a Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na súa urxencia e necesidade de abordar canto antes.

Finalmente, Díaz e Cubela salientaron a boa sintonía personal e institucional acadada durante esta primeira xuntanza de traballo e comprometéronse a seguir ampliando estes contactos aprol de establecer novos vencellos de colaboración entre ámbolos dous concellos como xeito de aproveitar e impulsar sinerxias que axuden a mellorar as condicións de vida dos seus respectivos veciños.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver