servizo cim

O Concello iniciará unha campaña de divulgación do servizo do CIM para un maior coñecemento sobre o seu funcionamento para que poida redundar no beneficio dos veciños

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, mantivo un encontro coas profesionais responsables del Centro de Información á Muller (CIM) para trazar unha estratexia que axude a revitalizar o servizo e profundizar en políticas de igualdade impulsadas desde o Concello.

A intención do grupo de goberno é divulgar entre os veciños/as do concello, tanto os da vila como os que residen no rural, os servizos que presta o CIM, porque tense detectado un importante grao de descoñecemento das posibilidades que oferta este importantísimo departamento especializado en impulsar políticas concretas de igualdade e atención ao cidadá.

Desde o equipo de goberno procúrase que tódolos/as veciños/as coñezan os recursos dos que dispoñen para poder facer fronte a aqueles problemas ou circunstancias que lle afecten e que precisen, no seu caso, de profesionais de solvencia que o Concello de Ponte Caldelas pon ao servizo dos cidadáns.

Entre os aspectos que considera o equipo de goberno que deben coñecer os cidadáns sobre os servizos que prestan estas profesionais están a axuda psicolóxica a aquelas mulleres que padezan de problemas de ansiedade, depresión, situación de malos tratos, autoestima ou calquera outro estado que precise do concurso dun profesional destas características.

Desde o CIM tamén se leva a cabo un importante traballo en atención especializada e asesoramento xurídico e psicolóxico en casos de malos tratos (denuncias, orde de protección, orde de afastamento...), xestión de aloxamento alternativo, tramitación de teléfono móbil de teleasistencia para vítimas da violencia de xénero, xestión dos recursos necesarios nestes casos, apoio psicolóxico, colaboración con outros servizos de intervención en casos de malos tratos como a garda civil, casa de acollida, servizos públicos sanitarios ou xurídicos.

Ademais, desde o CIM tamén se realizan cursos de orientación laboral e formativos para mulleres coa intención de favorecer a súa búsqueda de emprego, información sobre cursos e bolsas de emprego específicas, orientación profesional e derivación aos servizos especializados municipais de emprego.

ASESORAMENTO XURÍDICO GRATUÍTO

Por outra banda, desde o CIM, poderanse prestar servizos de asesoramento xurídico previo ante cuestións relacionadas co dereito da familia (separacións, divorcios, pensións alimenticias, parellas de feito), dereito penal (denuncias, malos tratos, lesións...), tramitacións das solicitudes de xustiza gratuíta, temas relacionados co dereito civil (incapacitacións, menores, etc.), dereito administrativo (sancións, multas...) laboral (depedimentos, dereitos das traballadoras, etc.) ou dereitos dos/as consumidores/as cando vexan perxudicados os seus intereses.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver