×

Advertencia

Fallo cargando el archivo XML.

 PONTE CALDELAS COMEZA OS CURSOS GRATUÍTOS DE INFORMÁTICA PARA AS SÚAS VECIÑAS E VECIÑOS

 

AULA WEB Este venres 8 de novembro darán comezo os cursos gratuítos de informática para as veciñas e veciños de Ponte Caldelas. Un curso que nace da colaboración entre o Goberno Local e a empresa Aurea e que terá como fin, tal e como afirma o alcalde Andrés Díaz, que “todas as veciñas e veciños de Ponte Caldelas saiban manexarse en Internet, xa que na era da información, saber utilizar un ordenador é un servizo” por esta razón o Concello de Ponte Caldelas organiza en colaboración coa empresa Aurea Enerxía e Telecomunicacións SL, cursos de informática nos lugares e parroquias do concello de xeito gratuíto. Unha iniciativa pioneira en España e que segundo Díaz “amosa unha vez máis a miña aposta clara polo rural”. A empresa local Aurea encargarase da formación, impartindo estes cursiños, e o concello porá a disposición dos seus veciños os 12 ordenadores de ultima xeneracion que pasarán polas parroquias e pobos do concello co fin de ofrecer estes cursos de informática.

A primeira parada destes cursos será, este venres 8 de novembro, na Casa da Cultura de Ponte Caldelas. Un espazo onde xa hai 22 persoas anotadas o que significa que haberá dous grupos, un de 16:00 a 18:00 e outro de 18:30 a 20:30. As horas de formación son 4 en total, deste xeito, en Ponte Caldelas rematarán este curso de informática o vindeiro venres 15 de novembro no mesmo horario. A partir do 22 de novembro estes cursos de informática comezarán a súa andaina polo rural. Dende o Goberno Local lembran que para impartir este curso nas casas do pobo necesítase un mínimo de 12 persoas inscritas. As veciños e veciños interesados en inscribirse teñen que facelo no concello de Ponte Caldelas. O único que teñen que facer para realizar este curso é anotarse no concello, dar o seu nome e idade e dicir a qué pobo pertence. O obxectivo deste curso é que pase pola maior parte de locais sociais ou casas do pobo de todo o concello.

Este primeiro curso levará como título “Internet básico no teu día a día, dende o computador”. Será un curso destinado a todo aquel que precise adentrarse no mundo do ordenador, vai a estar centrado nun primeiro achegamento ao computador. Así o temario constará do primeiro contacto co computador, partes do ordenador, manexo do rato, sistema operativo, manexo de internet, como acceder a información a través dunha web, navegar con seguridade, a creación dunha conta de correo electrónico, a búsqueda de información a través da rede, trámites de administración pública e empresa, videoconferencias ou redes sociais.

O curso, lembramos, terá unha duración de catro horas en total e desenvolverase en dous días, dúas horas de formación cada día. O obxectivo deste taller será que o alumnado coñeza cómo poder usar Internet no seu día a día a través dos diferentes servizos que se ofrecen na rede.

A aula de novas tecnoloxías do concello, composta por 12 ordenadores, comezará partir do 22 de novembro a súa itinerancia polos pobos e parroquias de Ponte Caldelas. Un espazo que se converteu nunha realidade grazas aos fondos europeos Leader, cofinanciada co Feader e no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020

O alcalde está satisfeito coa acollida deste curso no caso urbano de Ponte Caldelas e sabe que esta formación “vai a ter unha gran aceptación entre as veciñas e veciños do rural”. Díaz considera que deste xeito e unha vez máis o concello de Ponte Caldelas amosa que Goberna para todas e todos “sen distinción do lugar onde se resida”.

 

OTRAS NOTICIAS

equipo goberno ponte caldelas

VI BTT TROITA CELEBRARASE O 26 DE OUTUBRO ÁS 16:00

3 NOVEMBRO IV FEIRA DE ARTESANÍA NA PRAZA DE ESPAÑA

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver