Comarcalizacin bombeiros xuntanza 31 10 2017 3

O alcalde de Ponte Caldelas consegue que se aprobe dotar aos alcaldes de “fío directo” coa servizos de emerxencias do 112 e o 085

O alcalde de Ponte Caldelas, participou hoxe, en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), na xuntanza do grupo de traballo que aborda a posibilidade da comarcalización dos parques de bombeiros das grandes cidades galegas. A xuntanza celebrouse na sede da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e nela estiveron tamén presentes os representantes das Deputacións provinciais.

Díaz, que asistiu no lugar do presidente da Fegamp, Alfredo García, mantivo a necesidade de avanzar neste proceso para cubrir as áreas de sombra existentes en toda Galicia. Diante da previsión de que ningún concello quede sen servizo de bombeiros nun tempo máximo de 20 minutos, volveu recalcar situación que padecen os concellos da zona interior da provincia de Pontevedra (Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, A Lama  e Campo Lameiro) que carecen desta cobertura antes de 50 minutos e, en ocasións, teñen tempos de resposta que se achegan ata as dúas horas.

O alcalde caldelán logrou que se aceptara a  reivindicación de que os alcaldes teñan unha comunicación máis directa e inmediata cos servizos de emerxencias  de Galicia, 112, e de emerxencias por incendios forestais, 085. Despois do sucedido na vaga de lumes do pasado domingo, día 15, na que foi imposible contactar telefónicamente con estes  servizos, a proposta foi aceptada.

Tamén se solicitou a realización de cambios normativos que permitan axilizar os laboriosos procedementos administrativos para identificar e sancionar aos propietarios de fincas urbanas que estean sen limpar a principios do verán. Os concellos atópanse con serias dificultades para levar estes trámites, que requiren mesmo de consultas ao Catastro, para poder facer efectivas e eficaces as ordenanzas municipais e o seu réxime sancionador.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver