O barrio de Santana, en Buchabade, tamén foi obxecto de melloras dentro do plan de actuacións que o Goberno local de Ponte Caldelas está a desenvolver por todo o municipio atendendo peticións veciñais.
O alcalde, Andrés Díaz, visitou as obras de execución dun muro de contención que serve para consolidar o terreo no bordo dunha pista municipal. Deste xeito amplíase a súa sección e facilítase o paso de vehículos. Ao tempo, resólvese o problema cara a unha finca particular.
A actuación estaba sendo demandada dende hai moito tempo e o actual equipo de goberno, integrado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, é sensible con este tipo de actuacións, pois atopouse con centos de problemas derivados de augas pluviais e muros de contención ao longo de todo o municipio.
O alcalde subliña que todas as peticións xustificadas están a ser atendidas progresivamente e a veciñanza entende perfectamente que é un labor inxente que vai levar tempo acometer e resolver. Ademais engade que no Concello de Ponte Caldelas as pequenas obras se pactan e se acordan nas asembleas que o Goberno local ao completo celebra cos habitantes en cada un dos 33 núcleos de poboación, “sen ningún tipo de intermediarios ou conseguidores”, simplemente por diálogo directo entre os veciños e os seus representantes municipais.
9°C
Buen Tiempo
Humedad: 87%
Viento: 0 km/h
16°C
8°C
14°C
13°C
PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)
Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.