1ª actividade:

FALADOIRO DE MULLERES: HISTORIAS DE VIDA

O próximo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Concello de Ponte Caldelas organizará una actividade para conmemorar esta data e reivindicar o papel das mulleres do noso pobo como alicerces imprescindibles para o desenvolvemento da nosa comunidade.

En todo o mundo se celebran os logros alcanzados  na loita pola igualdade das mulleres, tanto a nivel político, económico e social. É tamén un día reivindicativo no que se recordan os retos pendentes: erradicar as violencias machistas, acadar unha igualdade salarial, igualdade no acceso á escolaridade, incrementar a presenza feminina nos diferentes órganos políticos, lexislativos e directivos , a universalización de coidados, a libre elección, etc.

Por todo elo, o mércores 8 de marzo ás 18.30horas terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural de Ponte Caldelas un faladoiro de mulleres, dinamizado por Esperanza Díaz Beltrán e coa participación de varias mulleres veciñas do municipio no que a través dunha conversa irán compartindo as súas historias de vida: as súas experiencias profesionais e laborais, as relacións persoais, familiares e sociais, os tempos de lecer, a corresponsabilidade, os recordos, as expectativas, etc.

O acto é de carácter público e se establecerá un debate coa participación do público asistente, achegando aportacións e conclusións que axuden a acadar esa igualdade real entre homes e mulleres na nosa sociedade.

 

 

2ª actividade:

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE E MULLER

- Días: Venres 10 de marzo e venres 17 de marzo de 2017

- Horario: de 18h 20h

- Lugar: Salón de Actos o Centro Cultural de Ponte Caldelas

Obradoiro gratuíto dirixido ás mulleres do municipio, previa inscrición

 

"Muller: identidades, afectos e coidados. Cómo amar os demais empezando por unha mesma"

Obradoiro a desenvolver en dúas sesións, catro horas en total nas que a educadora sexual Débora Baz nos achegará ao concepto de sexualidade entendida como "unha fonte de pracer, saúde, benestar e comunicación, que vivida de xeito satisfactorio, é tamén unha fonte de comprensión cos demais, así como unha eliminación de tensións e rixideces". A sexualidade forma parte da nosa vida e como proceso vital de cada unha de nos, vai cambiando en cada persoa, nunca é tarde para coñecer, analizar e canalizar de xeito consciente este proceso.

Nas catro horas abordaremos aspectos como identidade sexual, desexo sexual e afectividade sexual.

As prazas son limitadas a 20 persoas, estas persoas conformaran un grupo pechado para desfrutar das dúas sesións de xeito gratuíto.

O obradoiro desenvolvérase os días venres 10 e venres 17 de marzo, de 18.00h a 20.00h

Ás participantes que precisen servizo de gardería deberán marcalo na solicitude.

As solicitudes se realizarán no Servizo de Atención á Cidadanía do Concello de Ponte Caldelas ou na Sede Electrónica do Concello.

Para máis información, na páxina web do Concello ou no mesmo Servizo de Atención á Cidadanía. Tlf. 986.750.001 // 986.750.013.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver