GRAFICAPOBOACINPONTECALDELAS2017

O Goberno local destaca que 2016 rachou unha grave tendencia histórica de perda de habitantes que se manifestaba dende 2005

“Empadróate en Ponte Caldelas” é a nova campaña do Concello, co obxectivo de consolidar o crecemento no número de veciños que comezou a manifestarse durante o pasado ano 2016, rachando así coa negativa tendencia de máis dunha década de perda constante de habitantes.

A Xunta de Goberno Local, na que se sentan os integrantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, deu o visto bo a unha iniciativa que se lanza a primeiros de ano e coa necesaria antelación aos períodos de cobro das taxas e impostos municipais, nos que se teñen introducido importantes beneficios fiscais dos que só poderán tirar partido as persoas empadroadas, ben por risco de exclusión, ben por seren familia numerosa. Un requisito que tamén é esixible para acceder ás axudas de emerxencia social do Concello e para participar en todas as iniciativas de formación, lecer ou culturais que desenvolve o Goberno local.

O Concello de Ponte Caldelas incrementou o seu padrón en 33 novos veciños durante 2016, chegando así aos 5.573 habitantes. Foi, xunto aos concellos de Barro, Poio e Pontevedra o único en crecer na zona centro da provincia. Ademais, en termos porcentuais, foi o que o fixo nun maior grao (un 0,60%).

O alcalde, Andrés Díaz, subliña que o Goberno local puxo en marcha unha liña de traballo consistente en asinar acordos coas empresas radicadas no polígono de A Reigosa para rebaixar os impostos municipais a cambio da contratación de persoas do municipio. Deste xeito, segundo os seus cálculos, unhas 100 persoas atoparon traballo ao longo do ano pasado.

Ao mesmo tempo, Ponte Caldelas rexistra unha gran demanda de vivenda en aluguer que o parque inmobiliario local é incapaz de absorber, ata o punto de que as axencias do sector manexan unha listaxe de espera. Por este motivo, o Goberno local está ultimando tamén o documento inicial do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, adaptado aos últimos cambios legais, e co obxectivo de facilitar novos proxectos urbanísticos no centro urbano.

Finalmente, o crecemento está deixándose notar no incremento da actividade comercial, pois nos últimos meses se ten reactivado a petición de licenzas para diversas actividades, así como o cambio de titularidade de locais que pechaban por xubilación.

O Goberno local destaca que Ponte Caldelas, que tiña preto de 7.000 habitantes en 1996, rexistrou unha profunda crise demográfica dende entón. A perda agudizouse a partir do ano 2005, cando comezou un constante declive dende os 6.515 habitantes rexistrados daquela ata baixar aos 5.540 cos que rematou a etapa de goberno do Partido Popular no ano 2015.

O ano 2016, o primeiro do cambio no Concello coincide, por tanto, coa inversión da tendencia grazas á ganancia de 33 habitantes. “Poden parecer poucos, pero a min parécenme moitos porque son habitantes que gañamos cun saldo vexetativo negativo, é dicir con máis falecementos que nacementos, o que significa que estamos sendo quen de atraer poboación doutros municipios”, afirma o alcalde.

Os datos do padrón, en efecto, confirman o empadroamento progresivo de persoas chegadas de grandes cidades como Vigo ou Pontevedra e, en maior medida, de persoas que residían en municipios próximos da bisbarra e que decidiron establecerse na capital do Verdugo.

Unha tendencia que o Goberno local confía en consolidar facendo ver as vantaxes de empadroarse en Ponte Caldelas e continuando a desenvolver políticas públicas como as postas en marcha durante o último ano e medio.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver