concentracionmotera

A festa das dúas rodas está prevista para o 22 de abril, pero o Concello atrasará o evento en caso de choiva “canto sexa preciso”

As motos tomarán Ponte Caldelas por terceiro ano consecutivo. A concentración moteira foi programada en días pasados polo Concello e o Motoclub de Redondela para o próximo 22 de abril. Aínda que a data non é completamente fixa, porque, en caso de choiva, atrasarase á fin de semana seguinte ata garantir o bo tempo.

O alcalde, Andrés Díaz, pretende así asegurar as boas condicións de un evento que, nas súas primeiras edicións, estivo marcado pola choiva. Aínda así, chegou a rexistrar unha gran afluencia de afeccionados.

Desta volta, engade o  rexedor, xa partimos do acordo de que se atrasará canto sexa preciso para garantir o bo tempo.

 

A outra novidade deste ano é a celebración da concentración na zona de Chan da Barcia, a carón do campo de fútbol e o pavillón. Un espazo máis apropiado que a Alameda para unha concentración sobre dúas rodas. Alí celebrarase  tamén un espectáculo de “stunt”, polo que os asistentes poderán gozar das acrobacias a cargo de dun especialista que, moi probablemente, volverá ser Martín Rioboo, coñecido como “Martín Voador”.

A terceira concentración moteira de Ponte Caldelas incluirá unha saída organizada a un lugar do municipio e, finalmente, a habitual convivencia entre todos os asistentes. A organización tamén contactará cos hostaleiros locais coa intención de que ofrezan menús especiais para os motoristas que acoden á cita, que é outro evento máis na política municipal de dinamización da hostalería local.

O Goberno local de Ponte Caldelas, do que forman parte os grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, está decidido a apostar forte polo motor na programación deportiva e cultural do ano. Ademais desta concentración moteira, tamén celebrará no mes de agosto a segunda edición do Rally Subida de Ponte Caldelas, puntuable para o Campionato Galego de Montaña, e, finalmente, a segunda concentración de coches clásicos, que botou a andar o ano pasado cun gran éxito.

 

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver