c5d67586 a8bf 4325 be78 1f768f728bd7

O Goberno local está traballando nun regulamento para establecer as condicións de participación nas seis saídas previstas ao longo do ano 

O programa de excursións do Concello de Ponte Caldelas darase a coñecer o próximo mes de marzo coa publicación do regulamento municipal no que se establecerán as bases para participar nas seis saídas previstas ao longo do ano. O programa chegará con importantes novidades, sen repetir ningunha das viaxes e incluíndo cando menos unha fóra de Galicia e cunha noite de aloxamento.

O Goberno local, integrado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, está a pechar os últimos detalles recollendo gran parte das suxestións realizadas polos participantes do ano pasado, no que case 1.000 persoas, a razón de 150 por saída, gozaron desta iniciativa de dinamización social.

O Concello manterá o prezo público limitado ao custo da comida en ruta e asumirá o resto dos gastos. Non obstante, esixirá o depósito previo desta cantidade, que só se devolverá en casos debidamente xustificados e comunicados con suficiente antelación, para que a praza poda ser cuberta por outra persoa en caso de baixa.

 

“O ano pasado tiñamos unha listaxe de espera da que non puidemos tirar en varias ocasións porque algunhas persoas non se presentaban na saída e non había tempo material para reaccionar, polo que cremos que esixindo o depósito previo este tema quedará solucionado”, explica Andrés Díaz.

O regulamento incluirá a apertura dun período previo de inscrición para cada unha das excursións. O calendario, que se desenvolverá entre os meses de maio e outubro, está case pechado en todos os seus detalles. O alcalde asegura que o éxito do ano pasado está a suscitar xa unha gran expectativa na veciñanza e o Concello recibe consultas case a diario sobre o comezo da edición deste ano.

As novidades chegarán tamén no deseño das propias excursións, pois só se anticipa que unha delas, probablemente a última, será á localidade portuguesa de Vila Verde, coa que o Concello de Ponte Caldelas está a iniciar trámites para establecer unha irmandade oficial. Outra delas terá un desprazamento máis longo, tamén fóra de Galicia, e abranguerá unha fin de semana completa.

A natureza, a cultura e o lecer volverán ser os compoñentes principais dun programa pensado para todas as idades e no que o alcalde participa activamente, viaxando en todas e cada unha das saídas cos seus veciños e veciñas.

O ano pasado, o programa consistiu en viaxes que permitiron achegarse a lugares tan senlleiros da nosa paisaxe natural e urbana como Allariz-Ribadavia, Camariñas, Pedrafita do Cebreiro, Lugo, Viveiro, a praia das Catedrais en Ribadeo e os Canóns do río Sil.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver