e9bb9c27 eb6d 44b5 ad3f bf90cba9c3ac

O Goberno local acorda o rexistro oficial dun logotipo que utiliza a escultura da troita como elemento gráfico destacado

O lema “Ponte Caldelas está de moda”, que dende hai varios meses está na rúa e mesmo xa pasou a formar parte do debate público, incorpórase á imaxe corporativa do Concello de Ponte Caldelas coa creación dun logotipo presidido pola imaxe da escultura da troita inaugurada a comezos deste mandato municipal.

O Goberno local está a realizar os trámites diante da Oficina de Patentes e Marcas dun distintivo que utilizará en toda a comunicación exterior do Concello. Deste xeito incorporarase aos carteis e documentación destinada á súa difusión pública. O logo acompañará en todas estas publicacións ao escudo municipal.

Con elo preténdese reforzar a imaxe do municipio coa expresión popular “Ponte Caldelas está de moda”, xurdida o pasado verán, produto da intensa programación de actividades festivas, culturais e deportivas, e que os propios caldeláns xa incorporaron e asumiron, como demostra a súa utilización tanto en conversas, como en comentarios en Redes Sociais ou mesmo en artigos de prensa.

O deseño elixido, que ten una configuración circular, parte da escultura metálica deseñada polo artista Xosé Ortiz para conmemorar os 50 anos da Festa da Troita e que foi instalada o pasado mes de maio na cabeceira da Alameda. O nome do municipio, en cor vermella aparece no centro e o círculo péchase cunha grafía cursiva e aliñación semicircular, na cor institucional do Concello, para completar o lema.

O Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) dá así un paso máis na modernización da comunicación institucional do Concello separando a marca municipal, composta polo escudo oficial de Ponte Caldelas, da imaxe promocional, utilizando e poñendo en valor os símbolos locais.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver